1.2.15

As campás que soan sen son

Quen dixo que non se poden dicir cousas sen falar? Non é que se nos estropease o son, nin editamos o volume no vídeo, sucedeu así, tal cual. Soamente o son do teléfono e algún sorriso pertubaron o silencio.

Despois de cantar (acompañando a canción con linguaxe de signos) "As campás da paz" de Migallas, todos os alumnos e alumnas do Ceip San Tomé repetiron actuación, pero esta vez sen música e sen voz.

O resultado é mellor que o miredes:



1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Gústame tanto este video como o anterior. Unha gran aperta de Paz para todos!