22.12.20

FESTIVAL DE NADAL

 Todos/as botamos de menos o salón Peña, pero que ninguén dubide que as nosas alumnas/os traballaron moito para ter o seu festival, aínda que fose en versión dixital.

O resultado podédelo ver na seguinte lista de reproducción, na que están os vídeos de cada aula e a montaxe que fixemos para darlle un formato de festival.

Esperamos que vos guste. Bo Nadal!!

 

24.11.20

MAGOSTO 2020

Para festexar o magosto previamente elaboramos unhas cestas para a castañada:



O propio día de celebración tivemos a oportunidade de xogar por nivel a xogos tradicionais:




E finalmente degustamos unha deliciosa castañada!



 

SAMAÍN 2020

 Para celebrar o Samaín, no cole realizamos unha exposición de cabazas tanto nos pasillos coma nas ventás do centro: 












Tamén ambientamos os nosos pasillos grazas a un photocall:


E, ademais, fixemos un baile nas pistas disfrazados!! Podedes ver nestes vídeos o resultado final:





31.1.20

Día da paz e a non violencia (2020)

Como cada día 30 de xaneiro celebramos o Día da paz e a non violencia no colexio. O mal tempo obrigounos a quedarnos no ximnasio, pero non por iso iamos deixar de cantar e bailar. A continuación podedes ver os vídeos do acto.