Este ano adicámoslle o Día da Paz a tódolos avós e avoas de Cambados que co seu traballo conseguiron que agora a nosa vida sexa mellor. No mural da entrada cada rapaz pegou orgulloso o debuxo do seu avó ou avoa co nome e a profesión. Gracias ás familias pola súa participación.
Ademais fixéronse outros traballos nos distintos ciclos e dende o Departamento de Inglés.
A profe Elvira preparou unha preciosa proxección sobre a vida dos avós e avoas que poideron ver os alumnos, por ciclos, no ximnasio.
A última hora da mañán saímos todos ó patio e alí cantamos e bailamos "Jambo Bwana", canción traballada na aula de música, logo fixemos a tradicional solta de pombas e por último e, gracias ó bo tempo, conseguimos que voase o globo de San Tomé.
Agradecémoslle moito ó profe Juan a súa continua colaboración.
Feliz Día da Paz a todos e todas hoxe e sempre!!!!
28.1.11
27.1.11
SAÍDA A PASTORA COS NENOS E NENAS DE 4º
O día 20 de Xaneiro os nenos e nenas de 4ºA e 4ºB fixemos unha visita ao Monte da Pastora para estudiar un ecosistema terrestre, aproveitando que estamos tratando o tema en coñecemento do medio, observando os distintos tipos de árbores e arbustos e os animais que frecuentan este medio natural, aínda que só pudemos ver algunha pega, e algún merliño.
O alumnado levaba unha ficha para cubrir o que ían observando, e tamén fixeron un debuxo do monte.
Pasárono xenial e tivemos un día espléndido.
O alumnado levaba unha ficha para cubrir o que ían observando, e tamén fixeron un debuxo do monte.
Pasárono xenial e tivemos un día espléndido.
23.1.11
EXCURSIÓN Á CORUÑA (3º Ciclo Primaria)
O día 18 de Xaneiro os cursos 5ºA, 5ºB e 6ºA nos embarcamos a unha excursión inolvidable. Xogamos moito no autobús, intentabamos durmir pero co barullo non se podía. E por fin chegamos a A Coruña! Primeiro fumos a Casa das Ciencias onde estaba o Planetario, subimos e o señor falounos da Lúa , do Sol, das constelacións… Estivemos polas plantas e vimos moitas cousas curiosas. De segundo fomos á Domus onde comimos, vimos un parto, estivemos ulindo, escoitando e aprendendo cousas do corpo humano. E por último fomos ao Acuarium, vimos como alimentaban ás focas, no Nautilus vimos tiburóns. E xa para casa.
14.1.11
13.1.11
10.1.11
9.1.11
Suscribirse a:
Entradas (Atom)