21.1.19

Historia dunha sobreira

O festival de Nadal tiña que saldar unha pequena débeda co alumnado de 4º de primaria. Despois dun duro traballo e moito ensaio a obra de teatro que levaron a cabo non luciu todo o que eles merecían.
Por iso, o pasado venres fixeron dúas representacións da mesma para todo o alumnado do colexio. Nesta ocasión puideron ofrecer todo o que levan dentro sen as limitacións de son que tiveron no festival. O resultado podedes velo nos dous seguintes vídeos.