26.2.09

ENTROIDO MEDIEVAL

PROGRAMA DO ENTROIDO MEDIEVAL EN SAN TOMÉ
(entrada de Infantil)
Na Idade Media
o señor feudal
tiña á súa disposición
un gran arsenal:

nobres e cregos,
damas, cabaleiros;
campesiños e escravos
e,como non,
centos de soldados.

Por iso nós,
aquí en San Tomé,
aínda que non somos tantos
temos polo menos 100
disfrazados de soldados.

De música traen
unha de Rossini,
e para o desfile
en forma de U
seguirán os acordes
da canción de Mambrú.


>
< (entrada dos primeiros) Polos montes de Inglaterra un nobre cabaleiro vestido con traxe verde e pruma no sombreiro enfrentouse cos seus amigos ó rico amo dun reino. Quitáballe os cartos ós ricos e ós cregos e dáballos repartidiños ós pobres e labregos. Estas nobres intencións cautivaron ós de primeiro e veñen case cincuenta con Vanesa e Cruz - sen esquecernos de Chus-... Que entren os ROBIN HOOD. (entrada dos segundos) No máis alto estaba o señor real e coa súa corte adicábase a "gobernar". Vivía nun castelo moi ben acompañado de moita xente rica e moitos máis criados. Todos o miraban uns con cariño, outros con respecto e os máis deles fitábano con medo. Vestía de veludo con coroa e tocado comía canto quería sempre ben acompañado por damas e cabaleiros pero para o rei a súa raíña era o primeiro. De reis e raíñas veñen os de 2º para ensinarnos como era aquel mundo...






(entrada dos terceiros)
Para manter á corte
e ó señor feudal
estaban os campesiños
que tiñan que traballar.

Poñían patacas,
sementaban o millo
e cultivaban as terras
do dono do castillo,
e case todo o que recollían
tíñano que entregar
na adega do castelo
e no depósito do mosteiro.
Non tiñan terras, nin gando nin fogar:
por non ter non tiñan
nin dereito a casar.

Os nenos de terceiro
co seu disfraz
vannos ensinar
a roupa que os campesiños
acostumaban a levar.


(entrada dos cuartos)
As damas e cabaleiros
vivían en bos pazos
e mantiñan amizade
cos reis dos estados.

Eran condes e condesas,
duques con ducados,
marqueses e marquesas
donos de bos cabalos.

Eles ían ás guerras
elas quedaban nos pazos
agardando o regreso
rodeadas de criados,
gobernando a facenda
que foron conquistando.

Guapos e ricos
como os cursos de cuarto
lucían as damas e cabaleiros
os seus traxes adornados.







(entrada dos quintos)
Doutros países chegaron
xentes ben portadas
que por mar e por terra
os reinos conquistaron.

Eran esbeltos, altos,
morenos a cabalo
ricos e guerreiros
que cos reis pelexaron
e foron capaces
de botalos dos seus pazos.

Trouxeron outras linguas
saberes nunca oídos,
tamén outras crenzas
que foron asumidas
polos nobres que quedaban
e intereses compartidos.

Viñeron, conquistaron e quedaron,
e, por si non o sabes
en Cambados aínda quedan
os de quinto que son árabes.


(entrada dos sextos)
Nunha rocha dos ingleses
había unha espada cravada
e só sería rei
aquel que pudera arrincala.

Moitos probaron
nobres, ricos, escravos,
gordos e fracos,
pero foi un rapaz miudiño
o que con suavidade tirou,
arrincou e reinou.

Chamouse Arturo e,
como só non podía
buscou 12 cabaleiros
cos que o reino compartía.
Se unha situación era moi fonda,
discutían na táboa redonda;
pero si ía camiño do estrago
chamaban a Merlín, o seu mago.

Para coñecelo
veñen, sen apuro,
os rapaces de sexto
coa CORTE DO REI ARTURO...





1.2.09

DÍA DA PAZ


O venres 30 de Xaneiro conmemorouse o DÍA DA PAZ. Este ano no cole adicámoslle a celebración ó tema "DEREITOS E DEBERES". Como ademais estamos traballando a Idade Media intentamos darlle ós traballos unha estética medieval. Durante toda a semán fixéronse moitas actividades nas aulas e incluso contamos coa colaboración das familias para que trouxeran da casa un pergamino pequeniño no que escribiron un dereito e un deber dos nenos que logo nos serviría para facer un gran mural. O xoves 29 todos os rapaces baixaron ó ximnasio a ver unha proxección sobre DEREITOS E DEBERES NO MUNDO. Ó remate desta os nenos de 5º e 6º cantaron "Imagine" de John Lennon para todos os seus compañeiros. Xa o venres 30, debido as inclemencias do tempo, as actividades programadas para realizar fóra tiveron que adaptarse e facerse no interior do cole: dentro do ximnasio todos os cursos cantaron "No dudaría" de Rosario Flores así como "Epo" cantiga típica hawaiana. Logo a tradicional solta de pombas fíxose dende o patio cuberto. Todo resultou moi ben e esperamos que a menxase que lles chegase ós rapaces ó final fose: DÍA DA PAZ - 30 DE XANEIRO...E SEMPRE!