27.6.16

Fin de curso

Despídome como coordenadora desexando a toda a Comunidade Educativa un bo verán!!!












https://goo.gl/photos/Dcx48xD7pusGJjqs7


O día 22 de xuño celebramos o final de curso coma todos os anos, o alumnado gozou moito cos diferentes xogos e despois de diferentes festas polas aulas.






CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

23.6.16

Despedida de 6º de Primaria

O día 21 de xuño celebrouse na escola a despedida do alumnado de 6º de Primaria. Proxección, entrega de diplomas e música estiveron presentes nesta maná emotiva para estes alumnos/as que abandonan San Tomé.





Clicade aquí para ver as fotos

22.6.16

Excursión a Manzaneda

Os días 13, 14 e 15 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria estiveron de excursión en Manzaneda. Alí gozaron moitísimo coas diferentes actividades programadas para eles. Foi unha experiencia de despedida xenial como poderedes comprobar nas fotos.




CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

21.6.16

Actividade de Piragüismo para 6º de Primaria

O día 17 de xuño o alumnado de 6º de Primaria gozou dunha xornada diferente. Estiveron practicando piragüismo e pasárono muy ben como podedes apreciar nas fotos.






CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

16.6.16

Concurso "Coñece a túa Praza de Abastos"

Hoxe cinco nenos do noso cole foron xunto con dúas profes a recoller os seus premios á Praza de Abastos do Concello. Foi toda unha sorpresa coñecer onte a noticia y eles moi contentos e con moita ilusión recibiron o seu diploma e agasallo. O cole tamén obtivo   o seu premio por parcicipar no concurso.    




  CLICADE AQUI PARA VER AS FOTOS

13.6.16

Visita á escola do Refuxio de animais de Cambados

 Os días 9 e 10 de xuño estiveron as encargadas do refuxio impartindo a todo o alumnado unhas charlas de concienciación sobre o coidado dos animais. Resultou unha experiencia llamativa e interesante para todos.




CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

Saída de 3º e 4º de Primaria!

O día 7 de xuño os alumnos de 3º e 4º de Primaria foron de excursión a Lalín. Alí visitaron nunha aldea a Casa do Patrón que é o Museo Etnográfico da zona onde ademais gozaron cuns talleres de facer pan e amasar barro. Tamén o pasaron moi ben facendo unha ruta de sendeirismo e o tempo acompañuo porque fixo un día excelente.




CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

10.6.16

O día 7 de xuño o alumnado de 1º e 2º de Primaria viaxiaron no tren a Vigo. Alí visitaron o Museo Marco, o seto dun dinosaurio e a Estación Marítima. Tamén xogaron e puideron gozar dun día diferente

                        



Clicade aquí para ver as fotos!!!

7.6.16

Ons, 3 de xuño

O pasado venres 3 de xuño os alumnos de 5º de Primaria realizaron a súa excursión de fin de curso na que visitaron a illa de Ons.

O tempo acompañou ao máximo e puideron disfrutar dun estupendo día, co priviliexio de visitar o interior do faro e poder xogar na praia.

Acompañamos a nova cunha tira de imaxes: