30.1.10

SEMANA DA PAZ

Durante a semana do 25 ó 29 metémonos nos pensamentos e na vida dos homes e mulleres que loitaron por un mundo máis xusto e igual para todos, sen esquecernos das maneiras que hoxe temos para sermos solidarios: as ONGs.
O alumnado buscou datos biográficos e frases pronunciadas por aquelas grandes persoas e traballaron con eles estes 5 días. Desa reflexión saiu a eleboración do mural colectivo colocado na entrada da escola: globos, submarinos e faros lavaban escritos unha frase persoal ou tomada da biografía dos personaxes estudados.
Pero ademáis, nalgúns ciclos e dende o departamento de inglés, quixeron seguir traballando, escribindo e ilustrando outros murais coma estes:




O equipo de actividades extraescolares escribiu algúns destes pensamentos e fixo unha pequena exposición. Tamén, fixemos un pequeno globo terraqueo que servirá para introducir o tema de investigación "o estudo do espacio" pero que polo de agora serviu moi ben para acompañar as explicacións do profesorado sobre os países con máis conflictos e desigualdades...



O 29 celebramos a festa da Paz. Un día especial para todo o colexio. As dúas primeiras horas adicámoslas a proxectar unha montaxe -para os 400 alumnos/as da escola- na que se miraban os personaxes e ONGs estudados, o que dixeron, o mundo do que disfrutamos no que a xente só quere vivir en paz a cotío. A segunda parte da proxección facíanos reflexionar pois, a pesares de todo, segue habendo desigualdades, violencia, intolerancia, falta de oportunidades... 



Para rematar o día, tíñanse programado dous bailes coas cancións de Macaco, a solta de pombas e o lanzamento do globo. Foi posible en parte pois a chuvia veunos a estragar, un ano máis, que o globo de San Tomé percorrera o ceo do Salnés. 






E recordade: a festa da Paz é o 30 de xaneiro, pero os comportamentos responsables coa Paz son ó longo de todo o ano. FELIZ DÍA!