24.11.08

POSTRES DE OUTONO

É de obriga empezar agradecendo ás familias a súa magnífica colaboración, sin a cal esta actividade non se podería levar a cabo.Todo comenzou pedindo ós rapaces que con axuda da casa elaboraran e trouxeran ó cole receitas de postres feitos con productos típicos do outono: cabaza, mazá, marmelo, castañas... Estas receitas ademais de ben feitas tiñan que estar ben decoradas pois servirían para facer primeiro un mural e logo un receitario. Hai que dicir que as houbo preciosas, orixinais e sobre todo moi elaboradas.











Ademais da exposición das receitas organizouse no cole unha degustación dos postres.Para isto volvemos pedir a colaboración das familias, e de novo sobrepasáronse as expectativas.Houbo de todo: tarta de mazá, chulas de cabaza, flan de castañas... ata reventar!.Os rapaces foron baixando por niveis á degustación e a verdade é que todo lles encantou. Xa están pensando cando repetimos. DE NOVO GRACIAS ÁS FAMILIAS.







16.11.08

MAGOSTO













O Magosto,festa popular e tradicional, é unha das celebracións que máis se disfruta no cole.Os rapaces saíron ó patio ataviados con algún distintivo feito na clase para a ocasión ( caixiña para as castañas, colgante, cucurucho, visera...) Organizáronse por ciclos xogos tradicionais que lles encantan por non ser ós que eles xogan habitualmente:birlos, canicas, tragacastañas, carreiras de culleres, tiro da corda...Os nenos disfrutaron cos xogos e os profes acabamos, coma sempre, evocando o pasado cando nos tamén xogabamos. Mentras tanto os "mestres asadores"botaban fume, intentando asar tódalas castañas para a hora prevista.En canto estiveron listas os rapaces en filas foron recollendo o seu lote de castañas e comendo, algúns ata fartar.
Deica ó próximo Magosto!









2.11.08

HALLOWEEN, QUE MEDO!











Coma sempre por estas datas o cole encheuse de bruxas, vampiros, fantasmas e todo tipo de monstros.









Os rapaces traballaron moito en Inglés, pero tamén xogaron e se divertiron repartindo caramelos ós máis pequenos e asustándose uns ós outros.








Agradecemos a colaboración das familias na realización das cabazas que melloran ano a ano en traballo e orixinalidade.