24.2.13

EXPOSICIÓN DE CASAS



Os nenos e nenas do Ciclo 2º  non paran de amosarnos as súas habilidades artísticas. Empezaron os de 4ºB que despois de ler o libro "Casas" de Paula Carballeira comezaron a facer modelos de diferentes tipos de casas tal coma xa nos contaban hai uns días en LECTORIÑO, pero agora xa se lle van unindo doutras clases e cada vez van aparecendo máis e cada cal máis orixinal ...

13.2.13

RECURSOS PARA "SAN VALENTÍN"

No blog O RECANTO DE MIK podemos atopar moitas actividades para traballar este día.

 

9.2.13

ENTROIDO EN SAN TOMÉ

Seguindo o Proxecto de Interculturalidade capitaneado polo Equipo de Biblioteca cada nivel escolleu unha cultura distinta para o seu disfraz ...
Isto é unha pequena mostra, pero podedes ver máis fotos aquí.
Entroido 2013
Coma sempre moitas gracias ás familias pola súa colaboración cos postres de Entroido.