13.11.11

MAGOSTO

A chuvia estropeunos tódolos preparativos para a celebración do Magosto e tivemos que activar o plan B: a comer as castañas dentro do pavillón. Non resultou coma sempre pero as castañas estaban ben boas...








31.10.11

SAMAÍN - HALLOWEEN en San Tomé

Ano a ano a exposición de cabazas vaise superando en cantidade e calidade. Moitas gracias a nenos e familias pola vosa participacón.





12.9.11

XA ESTAMOS AQUÍ !!!



Comeza un novo curso e xa estamos preparados para organizar un montón de actividades . Este ano colaborando,coma sempre, cos equipos de Biblioteca e Normalización imos traballar e aprender un montón de cousas sobre RODARI. Xa veredes que ben o imos pasar.


FELIZ CURSO 2011- 2012!!!

27.6.11

VÉMONOS EN SETEMBRO!!!



Disfrutade do verán e non vos esquezades de levar sempre un libro, o noso mellor compañeiro. Bicos e felices vacacións!!!

22.6.11

DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 6º



O martes 21 tivemos no ximnasio a despedida dos alumnos que rematan a Primaria. Eles pasaron moitos nervios pero tamén o disfrutaron. O acto comenzou cunha proxección dos alumnos de 6º desde Infantil; logo houbo a entrega de diplomas e foto do grupo; a continuación fixeron un baile e por último os alumnos de 5º adicáronlle unha canción.
Esperamos que fora do agrado de todos e en especial dos homenaxeados, os rapaces que marchan de San Tomé e que confiamos empecen con bo pe a súa nova andaina no instituto.
MOI BOA SORTE A TODOS/AS!!!!




12.6.11

AN ALFAYA EN SAN TOMÉ

O venres 10 de Xuño os alumnos de 2º ciclo recibimos a visita da escritora An Alfaya, de quen lemos varios libros. Ela contounos un conto, que moito nos gustou, titulado " O náufrago e a buguina", e tamén nos revelou como comezou a escribir a novela "Sireno, sireno". Fixémoslle moitas preguntas e pasámolo moi ben na súa compaña. Foi fantástico!

10.6.11

ACTUACIÓN DO MAGO MARTÍN

Gracias a ANPA de San Tomé, que organizou esta actuación, disfrutamos moitísimo co mago Martín. Todo o cole desde Infantil a 6º de Primaria e profes incluídos fartámonos de rir e aplaudir cos trucos do mago. Actividades coma esta son as que deixan con ganas de repetir. Noraboa ós organizadores.



1.6.11

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA EN SAN TOMÉ

Baixo o título "LEMBRANZA DOS AVÓS" o Equipo de Normalización Linguística organizou unha preciosa exposición de fotos antigas de Cambados. Pódese visitar do 1 ó 23 de xuño con este horario: de 9 a 10 e de 13 a 13:45.
Agradecemos moitísimo a colaboración das familias que prestaron a maioría das fotos e así fixeron posible levar a cabo esta iniciativa.
Desexamos que sexa do agrado de todos e en especial dos avós de Cambados a quen vai adicada.








9.5.11

"A NAICIÑA" de ASOREY por 5º A

Este é un traballo feito polos alumnos de 5ºA sobre a figura de “ A Naiciña” do escultor Francisco Asorey. A escultura foi realizada polo alumno Jorge Leiro .
O cartel leva por título “Obradoiro de escultura Francisco Asorey” e foi presentado na exposición sobre o autor que se levou a cabo no IES Asorey e na que participaron todos os centros da zona.



1.5.11

SEMANA DOS LIBROS

Do 25 ó 29 de abril adicamos unha "semana dos libros"a dous escritores de Cambados: Ramón Caride e Mon Daporta. A este último moi en especial por ser un artista moi polifacético (escritor, debuxante, fotógrafo...) e sobre todo profe e compañeiro en San Tomé. Sabendo que este curso iamos traballar "Cambados" Mon fixo dous novos contos da rata Luisa ("A rata Luisa en Cambados" e "A rata Luisa no cole de San Tomé) que como era de esperar, foron un éxito tanto entre os rapaces coma entre os profes . Así pois con todo o material que tiñamos no cole sobre os dous autores o Equipo de Normalización montou unha exposición e a profe Elvira preparou unha montaxe audiovisual estupenda. Todo resultou moi ben e ainda que a Mon non lle gusta nada iso de figurar, para todos nós é un orgullo poder ter un artista en San Tomé. Gracias por todo Mon.







12.3.11

FESTIVAL DE ENTROIDO

O venres 4 de marzo celebramos o entroido en San Tomé. Adicámosllo a Cambados e houbo de todo: os pequeniños de Infantil convertéronse en distintos mariscos; en 1º representaron ós artistas; os de 2º parodiaron ós traballadores do Parador; en 3º, non podían faltar, mariñeiros e mariscadoras; os nenos de 4º fixeron de turistas; en 5º celebraron unha especial festa do Albariño e en 6º houbo policías locales e peóns ademais de deportistas. Non houbo Cabaleiros do Albariño, pero si "Cabaleiros do Berbericho" representados por un grupo de profes. Así pois case non nos quedou nada típico de Cambados atrás, non volo parece?