12.5.13

"PEER GYNT" na ESCOLA DE MÚSICA DE CAMBADOS

O venres 10 o 2º e 3º Ciclo de Primaria asistiron  na Escola de Música de Cambados a interpretación da obra "Peer Gynt". Todos disfrutaron moito da actuación e dende aquí queremos agradecerlle á ESMU a súa invitación  e animalos a seguir traballando en este tipo de actividades,  que sabemos que requiren un enorme esforzo pola súa parte.  GRACIAS.




2.5.13

"A HORTIÑA DA PONTE" E A AGRICULTURA ECOLÓXICA

Promovida pola ANPA tivemos hoxe no cole a visita dos encargados de "A Hortiña da Ponte", un exemplo de agricultura ecolóxica, ubicada en Forcarei. Os nenos maiores recibiron unha charla na que puideron coñecer a creación e funcionamento desta horta, tipos de cultivos que producen e tamén as diferencias cunha horta convencional; os máis pequenos disfrutaron dun contacontos.