22.12.21

Festival de Nadal

Pois, a pesar de todo, o Festival de Nadal levouse a cabo. O esforzo e traballo do alumnado e o profesorado deron o seu froito e quedou un acto ben bonito que, se non tivestes a opotunidade de seguir en directo, podedes visionalo agora.

    

 Tamén podedes ver imaxes do acto premendo na foto.

 

29.11.21

Semana da música (II)

 A continuación deixamos os carteis co programa desta II Semana da Música.





22.11.21

Vídeo presentación da Escola de Empoderamento feminino Dolores del Valle

Dende o concello de Cambados poñen en marcha esta excelente iniciativa que queremos compartir con todas e todos vós. O vídeo merece toda a atención.

21.11.21

Semana da Música

 O luns 22 de novembro comezamos coa Semana da Música (aínda que vai durar máis dunha semana) e ven cargada de actuacións.

A continuación deixamos os carteis desta semana:




14.11.21

Cancións inclusivas

Con motivo do Samaín, as nenas e nenos do cole estiveron a ensaiar dúas cancións coa mestra Mónica e o resultado quedou moi chulo.

A edición dotounos de inclusión e diversidade, para que todo o mundo poida disfrutalos, vexamos o resultado! 

1.11.21

Samaín 2021

 O pasado venres tivemos un día de medo, cunha gran cantidade de cabazas e disfraces.

Para rematar a xornada, deunos por bailar, podedes revivir o momento nos seguintes vídeos:






28.6.21

SAÍDAS FIN DE CURSO 2021

O PASADO LUNS 21 DE XUÑO FIXEMOS AS DIFERENTES SAÍDAS FIN DE CURSO.  DEIXAMOS A CONTINUACIÓN ALGUNHAS FOTOS QUE DEMOSTRAN O BEN QUE O PASAMOS! (Facede click na imaxe para acceder)


  • INFANTIL (ILLA DA TOXA)
  • 4º DE PRIMARIA: ILLA DE AROUSA 


  • 3º CICLO DE PRIMARIA: ILLA DE ONS 






GRADUACIÓN 6º DE PRIMARIA 2021

 O PASADO MARTES 22 REALIZAMOS O ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA NO XIMNASIO DO COLE. DEIXAMOS A CONTINUACIÓN UNHA MOSTRA DO MESMO: 




DESEXÁMOSVOS QUE TEÑADES MOITA SORTE NA VOSA NOVA AVENTURA!

FESTA FIN DE CURSO

O MARTES 22 TIVEMOS COMO DESPEDIDA UNHA FESTA DE FIN DE CURSO, PASANDO POR DIFERENTES ESTACIÓNS PARA RESPECTAR OS GRUPOS BURBULLA: UN MALABARISTA, UN DJ E DIFERENTES ESPAZOS DE XOGOS.

DEIXÁMOSVOS UNHA RECOPILACIÓN DE FOTOS PARA O RECORDO





FELIZ VERÁN. VÉMONOS Á VOLTA!!

12.2.21

ENTROIDO 2021

 O tempo deunos un respiro para que as nenas e nenos puidesen lucir ante os seus compañeiros/as os disfraces que con tanto cariño e esforzo elaboraron.

A continuación mostramos un álbum de fotos da xornada (Premede na imaxe)



31.1.21

DIA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2021

O pasado venres 29 celebramos no noso cole o Día da Non Violencia e da Paz. 

Para elo, dende o equipo de actividades complementarias e extraescolares propuxemos decorar entre todas as aulas a entrada cun mural onde se recollera unha das frases da canción Festa, de Uxía Lambona, a cal bailamos no ximnasio por niveis para conmemorar este día. Así de bonito nos quedou:


Así mesmo, tamén elaboramos entre as aulas do nivel atrapasoños da paz para decorar os nosos pasillos:




Pasámolo moi ben bailando e botando as pombas neste día chuvioso!