23.9.13

Saída Umia - A Pastora

Os alumnos/as do Primeiro Ciclo non atoparon unha forma mellor de comezar o curso que facendo unha saída. Non foron demasiado lonxe, xa que realizaron unha ruta de sendeirismo polo entorno do río Ulla e os montes da Pastora e Monte Rei. Coa inestimable axuda do profe Mon aprenderon moitas cousas davexetación da zona. A continuación deixámosvos unhas imaxes do día.