22.12.19

Nadal 2019

Na seguinte lista de reprodución podedes ver as actuacións das nenas e nenos do Ceip San Tomé no Festival de Nadal 2019. Esperamos que vos guste.






21.12.19

Nadal 2019

Xa temos as imaxes do Festival de Nadal, premendo na imaxe podedes acceder ao álbum.



15.11.19

Magosto 2019

Ás veces hai que ter sorte, e nós, este ano, na celebración do Magosto, tivémola. Coa cantidade de días consecutivos de chuvia todo facía presaxiar que teriamos que empregar o pavillón, pero... Saiu o sol e puidemos disfrutar dun día de xogos populares e degustar unhas excelentes castañas.
Premendo na imaxe podedes acceder ao álbum de fotos deste día.


31.10.19

Samaín 2019





Como cada ano, ao chegar o Samaín xuntámonos no ximnasio para cantar e bailar cancións de Samaín, deixamos aquí o vídeo da actuación.



24.6.19

Festa Finde Curso

O día 21 rematamos o curso coa tradicional xornada de xogos. Para ver imaxes da mesma, preme no enlace

Fotos fin de curso

20.6.19

Despedida de sexto

Como sempre o penúltimo día está cheo de emocións, e este ano non foi unha excepción.
No seguinte enlace tedes a lista de reprodución dos vídeos da despedida de sexto. Disfrutádea.

https://www.youtube.com/watch?v=sHsl3sriOJk&list=PLiVtBW1mJqhubiLTIeXbq1Gzk5uMO3vGd


15.6.19

Excursión Ons 2019

Como todos estes últimos anos, os nenos de quinto de primaria realizaron unha excursión á illa de Ons, onde fixeron unha ruta para visitar o faro e posteriormente disfrutar do día xogando na praia. un grupo de oito nenos/as optaron por rodear a illa e poder ver así o Buraco do Inferno e o Mirador de Fedorentos. Podedes ver as imaxes do día premendo na foto.
https://photos.app.goo.gl/gRiiVrPajEAbWnQy7

2.3.19

ENTROIDO 2019

Como non podía ser doutro xeito, este ano volvimos celebrar o Entroido por todo o alto. Nesta ocasión o tempo foi un bo aliado e permitiu facer un animado pasarrúas e unha festa no patio do colexio no que ademais puidemos degustar doces típicos destas datas.
Premendo na imaxe poderedes acceder a máis de 400 fotos  de exelente calidade.


1.2.19

Día da Paz e a non Violencia

A continuación deixamos o vídeo cos actos que o alumnado do colexio levou a cabo para conmemorar o Día da Paz e a non Violencia.



CONSTRUCIÓN DO MURAL DA PAZ

Ao longo de toda esta semana todos os alumnos/as do colexio traballaron xuntos para construír un bonito mural conmemorativo do Día da Paz e a non violencia.

Cada un deles escribiu unha mensaxe que posteriormente pegou no mural común. Podedes ver o vídeo para comprobar o resultado.


21.1.19

Historia dunha sobreira

O festival de Nadal tiña que saldar unha pequena débeda co alumnado de 4º de primaria. Despois dun duro traballo e moito ensaio a obra de teatro que levaron a cabo non luciu todo o que eles merecían.
Por iso, o pasado venres fixeron dúas representacións da mesma para todo o alumnado do colexio. Nesta ocasión puideron ofrecer todo o que levan dentro sen as limitacións de son que tiveron no festival. O resultado podedes velo nos dous seguintes vídeos.