26.5.09

OS BOMBEIROS EN SAN TOMÉ

O venres 22 de maio viñeron ó cole os Bombeiros do Salnés. A visita foi moi interesante porque deron moita información sobre as súas funcións, como previr a súa intervención, cando usar o seu teléfono de contacto, o seu vestiario, equipos cos que contan e incluso que facer para poder ser bombeiro. Ó mesmo tempo resultou todo moi ameno porque organizaron xogos para os nenos así como unha exhibición do uso da "autoescaleira automática", vehículo utilizado en caso de lumes ou salvamentos para rescate en altura. Foi das experiencias que deixan ganas de repetir.


3.5.09

CETRERÍA

O venres 24 de abril tivemos no cole unha exhibición de cetrería a cargo de Evaristo González e Ramona Portas, pais dun alumno do centro, Vani de 3ºA, que moi amablemente se prestaron a vir ó colexio a facer a demostración.
Trouxeron un "cernícalo", que coma todas as aves de presa está protexido pola lei durante todo o ano, e que podémolo atopar tanto en terras cultivadas coma en terreos ermos e acantilados. Un "falcón peregrino", que ten o record de velocidade no reino animal e habita en montes e riscos, e por último unha "aguia Harris", que debido ao seu fácil adestramento e intelixencia adoita ser a ave máis utilizada polos cetreros.
A exhibición estivo moi ben pero foi unha pena que debido á mala acústica que ten o pavillón non poidemos escoitar todas as explicacións que nos deron .
Agradecémoslles moitísimo a estes pais a súa desinteresada colaboración co centro no proxecto de traballo sobre a Idade Media.