12.1.09

CHEGOU O NADAL

A chegada do Nadal sempre ven rodeada de moito traballo, prisas, ensaios, nervios... pero o resultado final ben o merece. Este ano para facer o belén partiuse do proxecto da Biblioteca para o segundo trimestre sobre a Idade Media e así coa colaboración de tódolos cursos construiuse un castelo medieval con personaxes e decorados da época.





Pero o máis traballoso foi coma sempre a preparación do festival no que participaron tódolos cursos e algúns con máis dunha actuación. Hai que facer unha mención especial ó traballo das profesoras de música sin as que o festival non se podería levar a cabo.

BOAS FESTAS A TODOS E ATA O VINDEIRO ANO!!!!!!