24.11.08

POSTRES DE OUTONO

É de obriga empezar agradecendo ás familias a súa magnífica colaboración, sin a cal esta actividade non se podería levar a cabo.Todo comenzou pedindo ós rapaces que con axuda da casa elaboraran e trouxeran ó cole receitas de postres feitos con productos típicos do outono: cabaza, mazá, marmelo, castañas... Estas receitas ademais de ben feitas tiñan que estar ben decoradas pois servirían para facer primeiro un mural e logo un receitario. Hai que dicir que as houbo preciosas, orixinais e sobre todo moi elaboradas.











Ademais da exposición das receitas organizouse no cole unha degustación dos postres.Para isto volvemos pedir a colaboración das familias, e de novo sobrepasáronse as expectativas.Houbo de todo: tarta de mazá, chulas de cabaza, flan de castañas... ata reventar!.Os rapaces foron baixando por niveis á degustación e a verdade é que todo lles encantou. Xa están pensando cando repetimos. DE NOVO GRACIAS ÁS FAMILIAS.







No hay comentarios: