27.3.14

Saída a Pontevedra do 1º ciclo

O pasado martes os alumnos do 1º ciclo realizaron unha saída didáctica a Pontevedra. A primeira parte desta saída consistiu nunha visita ao novo edificio do Museo, onde vistaron varias salas acompañados dos guías, que fixeron un gran traballo e aos que queremos felictar e dar as grazas dende aquí.
Despois de facer un breve descanso na Alameda para repoñer forzas acudiron a unha obra de teatro titulada "Bon appétit". Resultou ser unha comedia protagonizada por tres simpáticos cociñeiros franceses aos que lles sucede de todo facendo un curso sobre comida galega.

A continuación, poñemos unhas cantas imaxes da xornada:


2 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Seguro que disfrutaron moitísimo coa saída. Unha aperta.

Ceip San Tomé dijo...

A verdade é que as visitas ao museo están ben orgaizadas.
A obra era unha comedia de risa fácil e pouco máis