30.1.14

Celebración do Día da Paz

A climatoloxía portouse ben e dese xeito o programa previsto para este Día da Paz non sufriu alteracións. A xornada comezou con todos os alumnos do colexio cantando e bailando a canción "Los niños queremos la paz". Despois procedeuse á solta de pombas, que resultou tan espectacular coma sempre; para continuar co despegue do globo que chegou ata o "infinito e máis alá".

Xa no ximnasio os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixeron dous pases da actuación que tiñan preparada e coa que cautivaron aos seus compañeiros de Ed. Infantil e o resto de Primaria.

A continuacións deixámosvos imaxes e vídeos dos diferentes momentos deste inesquecible día.




 (Se premes enriba da tira de imaxes accederás ao álbum onde poderás descargar aquelas que vos interese)

(O primeiro vídeo contén a canción, as pombas e o globo, os outros dous vídeos son os pases para Infantil e Primaria da actuación de 5º e 6º)

4 comentarios:

Ania dijo...

Lo pase muy bien pero... ¿Cuantas palomas habia?

Ana Martínez dijo...

Unha gran forma de celebrar este día! Gustáronme moito os dous videos. Unha aperta.

Anónimo dijo...

a min gustoume celebrar o dia da paz cos meus amigoso pasei moi ben unha aperta e moita paz

Ania dijo...

Eu tamen paseino moi ben e grazas aos profesores alegramos o dia da paz no cole.