11.11.13

Magosto

A máis característica festa do outono é o Magosto. Este ano parecía que o tempo quería deslucila un pouco, pero as meigas aliáronse connosco e a chuvia deu unha tregua para que a disfrutásemos a tope.

Coma sempre contamos ca colaboración de mestres xubilados do cole. Deste xeito Juan, Tino e Mon puxeron todo o seu empeño en prender o lume e asar as castañas. Pero este ano tivemos unha incorporación máis, Mari Carme Aguín tamén nos visitou e compartiu xogos cos seus alumnos/as demostrando que aínda está en plena forma.

Como ben dixemos, a xornada comezou prendendo o lume e asando as castañas.


Mentres todo o proceso se levaba a cabo os nenos agardaron realizando diversos xogos co profesorado, grazas ao cese temporal da chuvia, puidemos facelos no patio exterior.


 Para repoñer forzas, nada mellor que rematar comendo as castañas asadas anteriormente, que, por certo, estaban deliciosas.


10 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Seguriño que disfrutáchedes un montón. Bonita festa, coa compaña dos antigos compañeiros. Unha aperta.

Anónimo dijo...

As castañas estiveron moi boas.

Anónimo dijo...

As castañas estaban moi boas.

Anónimo dijo...

as castañas eran moi ricas

Anónimo dijo...

cando foi o magosto a miña compañeira e eu pasamolo moy ben
e as castañas estaban moy boas .

melody dijo...

No magosto pasamolo moi ben

Claudia dijo...

GUSTUME MOITO POLAS CASTAÑAS

Ania dijo...

Pasamolo ben ainda que ademais amin e ao mellor a moitos mais do colexio do curso de 4°B nos habrian gustado que ubese mais xogos mais ou menos coma o ano pasado bueno ma
is que a comba e a goma

Anabel y su hermano dijo...

Me costou xogar a goma pero o pasei moy ben. Paseino moy ben este año no me esperaba moitos maís xogos dos que.había porque estamos en crises gracias a todos os compañeiros que se dibirteeronse con migo porque con eles Paseino moy ben.







Ania dijo...

Se nota q te ayudo tu hermano