28.10.12

XUBILACIÓN DO PROFE MON

Con moita alegría dixémoslle ata sempre ao profe Mon. Xubilámolo!
Con moita alegría porque el o quería, porque Mon leva case 40 anos traballando con nenos e para os nenos, e ben merecido (e gañado) ten o retiro. Tamén con moita alegría porque sabemos que seguirá axudándonos, dándonos ideas, armando historias, facéndonos rir, debuxando e inventando; seguirá visitándonos... Digamos, entre nós, que pasa á reserva.
Cando miremos pola ventá ou cando esteamos no recreo fixarémonos e seguro que o veremos coa cámara diante dos ollos retratando bichiños, flores, pedras, follas de cores...acompañado da súa cadela Xea.
Por iso, estamos contentos de celebrar os seus desexos cun gran abrazo e moitísima emoción.
Ata calquera día...pois sigue a facernos moitiña falta.

2 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Sempre da mágoa despedir a un compañeiro. Seguro que o botaredes moito en falta. Unha aperta.

Ania 4°B :) dijo...

Estou de acordo