21.6.12

DESPEDIMOS ÓS ALUMNOS DE 6º

Hoxe, un ano máis, despedimos a unha nova promoción que remata a Primaria. Para homenaxealos baixamos todos ó ximnasio e comezamos cunha proxección de fotos dende que chegaran a San Tomé, alá por Infantil; para todos é moi emocionante velos tan pequeniños. A continuación fíxoselles entrega dos diplomas e fotos así como un agasallo por parte da ANPA. Logo os protagonistas fixeron a súa actuación tocando e cantando a canción de "Titanic". Os alumnos de 5º tocaron coa flauta "Adiós con el corazón " e por último todos lles cantamos "Amigos para sempre". Entre sorrisos e algunha bágoa cremos que disfrutaron da homenaxe; os que seguimos en San Tomé dende logo que si e esperamos que todo lles vaia moi ben, que sigan traballando moito e sobre todo que sexan boas persoas .
NON VOS ESQUEZADES DE NÓS PORQUE AQUÍ SEMPRE VOS LEMBRAREMOS...









1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Seguro que se emocionaron un montón coa despedida. Que pena da,deixalos marchar!
Deséxovos un bo verán e que disfrutedes dunhas merecidas vacacións. Unha aperta e ata setembro.