18.10.10

VISITAMOS UNHA GOLETA (1º Primaria)

Un día as profes nos dixeron: “nenos: o día 7 de outubro, visitaremos unha “goleta” no porto de Tragove.”
Unha goleta?, que será eso?
Pois nada, o xoves os nenos e nenas de 1º, puxémonos en ruta e logo dunha longa camiñada, vimos un bonito barco chamado “Raquel C”, si, si, “Raquel C”.
Unha vez embarcamos, explicáronnos como aquel barco sucaba os mares izando aquelas veas tan bonitas e altas…
Mostráronnos os camarotes, a cuberta e ata manexamos o temón.
Cómo nos gustou esta aventura e o mellor de todo é, que agora somos auténticos grumetes!





1 comentario:

creación dijo...

Da gusto entrar neste blog!!
Respírase o aire de Cambados e das súas xentes.Os nosos fillos pasárono moi ben, e disfrutaron moitísimo visitando coa súa mestra e os seus compañeiros e compañeiras a Goleta.