15.2.10

Festa de Entroido

Por fín chegou o día. Foron moitas horas de traballo no cole e nas casas para que todo resultara perfecto. Entre todos fixemos do pavillón un anaco de espacio sideral con estrelas, satélites, poboadores do futuro, soles, cohetes, científicos, alieníxenas e astronautas na NASA... con moito brillo e máis luz. Agradecemos enormemente a colaboración das familias e a cantidade de horas extra que o profesorado titor botou ó lombo para chegar a este resultado espacial. Bicos a todos/as e feliz antroido na rúa.

Este foi o noso escenario montado no pavillón de San Tomé polo equipo de especialistas da NASA.
... da NASA, NASA...

Máis tarde chegaron miles de estreliñas de infanti, algunhas fugaces, bailando nun ceo ...
observado por 34 soles de primeiro.
Cos satélites artificiais de 2º orbitando...
E despois, alieníxenas, soldados interestelares, guerreiros pacíficos, científicos, ... que vos deixamos no video que sigue.

No hay comentarios: