16.11.09

Colaboracións coa biblioteca


Queridos, queridas... Xa sabedes que dende a biblioteca este primeiro trimestre imos ler a Xulio Verne. De feito, xa estamos lendo. O noso departamento de actividades extraescolares, tal como vos prometemos, está a colaborar co de biblioteca para facervos as aprendizaxes máis divertidas a todos/as. Por iso, adaptámosvos unha morea de títulos. Pensamos que as obras de Verne son marabillosas para os nenos desde infantil ata  sexto, pero tamén nos damos conta de que os títulos publicados non son moi asequibles ás vosas idades, non polo que contan senón por como se contan. Na biblioteca xa tendes á vosa disposición:
- "20.000 leguas de viaxe submarina", adaptada en 50 páxinas con ilustracións a cor e traducidas ó galego
- "Viaxe ó centro da terra", con 43 páxinas e letra grande
- "O cabo do fin do mundo", semellante ós anteriores
- "Dous anos de vacacións"
-
- "Miguel Strogoff"
Ainda estamos traballando noutros títulos: A esfinxe dos xeos, o raio verde e o volcán de ouro

Tamén podedes ler en cómic. Dende a biblioteca mercáronse algúns cómics e, os que non puderon conseguir, buscámolos nas bibliotecas privadas do profesorado. Estes estámolos a traducir ó galego e xa dispoñedes de 8 títulos nos andeis da biblioteca. Todo en colaboración do departamento de Tics.

Para os pequeniños, algunha das persoas de extraescolares estavos a pasar en fotos os "contos" de Xulio Verne, pero mirade vos que tamén lles gustan ós maiores e fannos traballar o dobre, anque nós encantadas!
Tamén lles demos ás vosas profes algunhas películas destas novelas que buscamos por canto sitio había. A biblioteca do cole conseguiu para os pequenos moitas en debuxos, pero para maiores xa sabedes, pedídellas ás/ós profes, porque sabedes? Nos tamén temos que dar clase!

E, claro, como nos gusta tanto ler e enredar, queremos motivarvos con outras cousas como por exemplo algunhas das exposicións que xa estamos a montar. Pero, precisamos ainda un pouco de tempo, vale? Ánimo e a ler...

1 comentario:

englishsantome dijo...

Estades en todo. É un orgullo pertencer a un cole coma este. Ánimo e a seguir traballando.