11.6.09

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2º CICLO

A excursión a Ourense, estaba programada polo profesorado dende o mes de outubro. A mañán do 5 de xuño non se levantou con moitas ganas de colaborar na nosa excursión, cando saímos chovía a mares e nós estabamos convencidos que en Ourense non chovería tanto. A verdade é que debido ao tempo e as comunións faltaron bastantes rapaces.
Cando chegamos, dirixímonos a Praza Maior onde está o concello xa que alí esperábanos uns monitores para ir ata a “Chabasqueira” facendo unha ruta de sendeirismo, pero o profesorado pensando en que se chovía polo camiño, non tiñamos onde abrigarnos, decidimos cambiar de ruta e visitar a cidade.
Unha guía veu con nós, explicounos a Praza Maior, as Burgas e cando estabamos na igresia de Sta María, empezounos a chover e tivemos que resguardarnos, estivemos un bo rato esperando a que escampase. Dali fomos ata o antigo cementerio que queda nunhas rúas detrás da catedral, despois vimos as casas recuperadas e unha das portas da catedral, observamo-las torres, o reloxio de sol... etc. E dirixímonos ata a porta principal onde nos explicou a fachada principal da catedral. Mentres estabamos decidindo se entrar ou non, empezounos a chover outra vez e tivemos que abrigarnos. Esperamos un pouco, pero non escampaba, decidimos coller o autobús e marchar para o parque “ Miño” a comer.
No parque había unhas mesas grandes de pedra cubertas por un tellado de tellas, alí estivemos estupendamente comendo. Parou de chover, os nenos xogaron no parque, mercaron xelados, outra cousa que lles encanta facer cando saen da casa.
As catro marchamos para “Outariz” onde están as outras pozas de auga termal. Empezounos a chover con ganas pero non desistimos, aparcamos, cruzamo-la ponte e aínda que chovía despois de cambiarse, o baño en auga quente a pesares da choiva, foi un relax para moitos. A proba do que digo e que no autobús, moitos quedaron durmidos.
A pesares da choiva, non o pasamos tan mal na excursión de fin de curso.






No hay comentarios: