É de
obriga empezar
agradecendo ás familias a
súa magnífica colaboración, sin a cal esta
actividade non se
podería levar a cabo.Todo
comenzou pedindo ós rapaces que con
axuda da casa elaboraran e
trouxeran ó
cole receitas de postres
feitos con productos típicos do
outono:
cabaza,
mazá,
marmelo, castañas... Estas
receitas ademais de
ben feitas tiñan que estar
ben decoradas
pois servirían para
facer primeiro un mural e
logo un
receitario.
Hai que dicir que as
houbo preciosas,
orixinais e sobre todo
moi elaboradas.
Ademais da exposición das
receitas organizouse no
cole unha degustación dos postres.Para
isto volvemos pedir a colaboración das familias, e de novo
sobrepasáronse as expectativas.
Houbo de todo: tarta de
mazá, chulas de
cabaza, flan de castañas... ata reventar!.Os rapaces
foron baixando por
niveis á degustación e a
verdade é que todo
lles encantou.
Xa están pensando cando repetimos. DE NOVO GRACIAS
ÁS FAMILIAS.