O curso non podía rematar doutra forma que non fose coa celebración dos tradicionais Xogos.
Preme na imaxe para acceder ao álbum da xornada.
O curso non podía rematar doutra forma que non fose coa celebración dos tradicionais Xogos.
Preme na imaxe para acceder ao álbum da xornada.
Na emblemática praza de Fefiñáns celebramos o Día da Paz e a Non Violencia, na seguinte lista de reproducción podedes ver as diferentes actuacións que levou a cabo o alumnado do CEIP San Tomé.
Hoxe, a ANPA Os Olmos organizou unha visita sorpresa dos Reis Magos ao cole. Premendo na imaxe podedes acceder ao álbum de fotos da visita.
Como cada fin de curso tocou despedir a unha xeración de estudantes, neste caso á 2025-2024.
O profesorado e alumnado do centro quixeron agasallarlles con cun bonito acto onde se lles transmitiu todo o agarimo que se lles ten.
Na seguinte lista de reprodución podedes vela.
As inclemencias climatolóxicas impediron que este ano sairamos polas rúas de Cambados coa intención de animar a vila e poder compartir con toda a veciñanza os nosos disfraces.
Sen embargo, o noso alumnado non quedou sen festa e adaptámonos ás circunstancias facendo un desfile pola escola e degustando doces típicos de Entroido.
Premendo na imaxe podedes ver imaxes dos diferentes disfraces.
Este ano celebramos o Día da Paz nun lugar moi significativo do noso barrio e da nosa vila: o asilo.
Queremos agradecer a boa disposición que nos atopamos para poder celebrar nos xardíns o acto para esta conmemoración.
Premendo na imaxe, pódeses acceder a un álbun de fotos e, máis abaixo, deixamos unha lista de reprodución con vídeos do realizado.
Como cada ano, o salón Peña vestiuse de gala para celebrar o Festival de Nadal do cole, onde todas/os as artistas que temos puideron amosar todo o seu talento.
O traballo realizado e os ensaios deron o seu froito e todo saiu moi ben.
Se queredes ver imaxes da xornada, premede na imaxe.