8.2.23

Martina López no cole!

Despois dunn exitoso paso polo programa Got Talent, Martina López fixo un oco para compartir con nós unha mañá. Logo dunha charla co alumnado do terceiro ciclo e de actuar para todo o colexio, pasou polos micros de Lectoriño nas Ondas, onde lle fixemos unha entrevista que podes escoitar a continuación.

1.2.23

Entrevista a Marcos e Aida, e Dani e Ithaysa (profes do Ceip Isaac de Vega)

Hoxe alumnas de sexto tiveron a oportunidade de facer unha entrevista a dous profes do Ceip Isaac de Vega (Tenerife) que estes días están compartindo experiencias no noso colexio. Deixamos constancia cun par de imaxes e o podcast da entrevista.



31.1.23

Día da Paz e a non Violencia

 Como cada 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia. Este ano cambiamos a praza de Fefiñáns pola do concello, onde reuniuse unha boa cantidade de xente para acompañarnos.

Na lista de reprodución podedes ver as actuacións que levamos a cabo.



Queremos agradecer a colaboración do concello, da Policía Local, de Protección Civil e, sobre todo, de Alberto e Eduardo, da empresa Enercraft, que nos permitiron empregar os seus maletíns de enerxía cos que puidemos enchufar o altavoz que empregamos para o acto.

11.1.23

Festival de Nadal (fotos)

 O Festival de Nadal 2022 deixou moi bos momentos que quedaron inmortalizados na seguinte galería de imaxes que podedes ver se premedes na fotografía que acompaña esta publicación. Esperemos que vos guste!



23.12.22

Festival de Nadal

 Por fin regresamos ao salón José Peña para poder levar a cabo o noso tradicional Festival de Nadal, a continuación publicamos a lista de reprodución cos vídeos da xornad, esperemos que vos guste.



Visita dos Reis Magos

Hoxe recibimos a visita dos Reis Magos na escola, e o alumnado puido charlar con eles e compartir un anaco de tempo que resultou moi divertido. Para ver imaxes do día, premede na fotografía que acompaña esta publicación.

4.11.22

Samaín 2022

Nada pode co Samaín, nin a chuvia, nin a falta de espazo....
Podedes ver os vídeos dos nosos bailes nesta lista de reprodución

17.2.22

Recollida de alimentos

O Banco de Alimentos Rías Baixas informa que na recollida de alimentos do 27 e 28 de xaneiro a comunidade educativa do CEIP San Tomé recadou un total de 643,76 Kg. 

Moitas grazas pola vosa implicación e xenerosidade nesta acción social que permite axudar ás persoas do noso contorno, contribuíndo ao desenvolvento de valores tan importantes para a vida como a empatía e a solidariedade. 

 



 

Vídeos do Día da Paz

 

A continuación deixámosvos uns vídeos do acto do Día da Paz 2022, onde representamos os bailes que estivemos preparando no cole durante estas últimas semanas coa profe Mónica. 

 

Día da Paz

Na mañá de hoxe celebramos na Praza de Fefiñáns un acto para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Realizamos a lectura dun manifesto e bailamos ao son da música. Pasámolo de marabilla. 

Facede click na imaxe para acceder ao álbum de fotos. 



Charla de primeiros auxilios

 

Hoxe as nenas e nenos de 5 anos recibiron unha visita moi especial. Alicia,unha enfermeira do hospital Montecelo, desprazouse ao CEIP San Tomé para impartir unha charla sobre os primeiros auxilios. O obxectivo era que os cativos e cativas aprenderan a detectar unha situación de emerxencia no ámbito familiar, escolar... e a actuar en consonancia seguindo uns pasos sinxelos. 

Tamén puideron observar unha ambulancia grazas a Vanesa, que se ofreceu a conducila ata o noso cole.

Sen dúbida unha mañá moi entretida e interesante. Facede click aquí para acceder ó álbum de fotos:

 


22.12.21

Festival de Nadal

Pois, a pesar de todo, o Festival de Nadal levouse a cabo. O esforzo e traballo do alumnado e o profesorado deron o seu froito e quedou un acto ben bonito que, se non tivestes a opotunidade de seguir en directo, podedes visionalo agora.

    

 Tamén podedes ver imaxes do acto premendo na foto.