3.7.10

Despedida e Peche

Este último post vai adicado ó profesor Juan Maceira que nos deixa por xubilación. Compartimos con el máis de 20 anos de profesión. Sempre estivo nos momentos importantes, tanto nos divertidos coma nos difíciles. Ademáis de encargarse das titorías, foi secretario da escola, traía as pombas nos Días da Paz, facía teatros dentro e fóra de San Tomé, asaba as castañas nos magostos, ensinounos papiroflexia, bailaba, tocaba a pandeireta, cantaba nos festivais... Desexámoslle que sexa moi feliz nesta nova estapa da súa vida e pedímoslle que nos visite sempre que queira porque foi unha honra telo de compañeiro. Un abrazo de todos e cada un dos profes que ainda quedamos en San Tomé e de outros moitos que foi coñecendo ó longo da súa profesión.
Co seu permiso -máis ben sen el- deixámosvos algunhas fotos do profe Juan e con elas despedímonos ata setembro. Feliz verán a todos e todas.

         Un dos Magostos nos que o profe Juan tiznaba as caras dos nenos.
   Aquí arrancou con Inés, na Calzada, un día das Letras Galegas.
      Non lle tiña medo a nada! Na mostra de cetrería atreveuse cun "paxariño"
      Este foi o día que estrenamos o Karaoke nos xogos de fin de curso.
   E aquí, agasallándonos con bombóns o último día que estivo na escola.

Vémonos en setembro!!!

Despedidas do cole

Nestes últimos días de cole vivimos momentos emocionantes e difíciles. Despedimos a unha nova promoción, aqueles alumnos que comezaron os estudos con nós alá polo ano 2001. Sempre é duro dicir adeus anque para os mestres e mestras encargados da súa formación durante estes primeiros e decisivos momentos ven sendo un orgullo. Tivéchedes 8 titores e titoras: Manoli e Camino en Infantil; Pilar e Tina en 1º ciclo; Mª Carmen eAdela e 2º ciclo e, por fin, Teresa e Tino no 3º ciclo, máis os/as especilistas Elena, Guadalupe e Eva, Carlos e Mónica. Nós non vos esqueceremos pero sabemos que dentro duns anos vós acordarédesvos un pouquiño destes primeiros mestres e mestras.
Que todo vos vaia como queirades. Esforzádevos nos estudos e tende moito sentidiño. Un bico para cada un/unha de vós. O profesorado de San Tomé.

14.5.10

Para rematar cos actos da Semana das Letras, a profesora de música xunto co alumnado de 5º e os irmáns Xesteira percorreron as aulas e corredores da escola cunha melodía propia deste tempo. Amosámosvos nestes videos a súa actuación e o disfrute dos rapaces e mestras...






Tamén, os nenos e nenas de primeiro de primaria coas súas titoras, achegaranse ó Paseo da Calzada de Cambados para o recitado de poemas de Novoneyra dentro dos actos organizados polo Concello no que participan moitos centros educativos de Cambados.

Onte tocoulle ó curso de 3º A facer a representación teatral na Casa da Cultura do Concello. Representaron A Serea, unha obra de Nisia Miranda.

1.5.10

Letras 2010

http://www.educalim.com/biblioteca/index.php?q=VONEYRA&x=11&y=16

No enlace de arriba accédese á páxina de actividades que o Seminario Galán argallou para coñecer a Uxío Novoneira. Para todos e todas os que non queirade esperar, podedes ir descubrindo de maneira divertida ó poeta.

30.4.10

LETRAS GALEGAS 2010

O departamento de Galego xunto co de Tics estan a elaborar unhas actividades Lim sobre as letras galegas. Hoxe deixámosvos estas para INFANTIL e 1º CICLO e nuns días completaremos o resto. Os maiores tamén podedes probar.

27.4.10

LETRAS GALEGAS 2010

Xa temos ás portas a celebración das Letras Galegas, este ano adicado ó poeta do Courel Uxío Novoneyra. Para ir tomando contacto con el pensamos que unha boa maneira é a traveso deste poema do poeta interpretado por Emilio Cao.


Ou tamén esta interpretación do poema do libro "Os Eidos" feita no CPI Dr. López Suárez de Friol

24.4.10

O INFINITO

Se os buratos negros son misteriosos, que dicir do INFINITO!!!! A nós cóstanos imaxinalo, traducilo en cifras, ver a súa composición... E a vós non?

Os buratos negros

Chega o nome para ter un callafrío: "burato negro", pero canto máis saibamos del menos nos impresionará, ou será ó revés?

23.4.10

Día do libro

No colexio non quixemos que este día -tan importante para todos os lectores e as lectoras de San Tomé- pasara sen pena nin gloria, así que ademáis de ler na escola no escaso tempo cotiá que nos permite o Plan Lector, imaxinamos un novo planeta formado polos títulos dos libros que máis nos gustaron ó longo do ano presente e dos pasados, sen esquecernos das novidades editoriais que acaban de saír do maxín dos escritores/as de todo o planeta Terra. Ós máis lectores/as, a nosa noraboa, e para aqueles/as que remataron o seu primeiro libro ou que ainda están nas primeiras follas, todos os parabén e ánimos do equipo de extraescolares. Xa veredes como cada noite adurmiñades cun libro entre as sabas.

11.4.10

O espacio

Hola outra vez. Aquí estamos de novo para presentarvos novas actividades sobre o espacio, neste caso sobre as estrelas e os planetas, os temas elexidos por Infantil e 1º Ciclo. Esperamos que non vos asuste intentar resolvelas anque os máis pequenos/as do cole saben xa un montón desto. Ánimo.

24.3.10

Estudio do Espacio

Os planetas e as lúas do noso Sistema Solar teñen unha gran variedade de cores e texturas. Algúns vense brancos, lisos e tranquilos; outros están cheos de cores mesturados con crateres e volcáns. Se hai tanta variedade entre os planetas e as lúas do noso propio sistema solar, imaxiba os mundos tan estranos que existen arredor do outras estrelas!!!
Sen importar a apariencia de cada un destes elementos, podiamos pensar que o Sol, os Planetas e as Lúas teñen o mesmo tamaño, pero non é certo!
Paréceche grande a Terra? Pois Xúpiter ten 317 veces máis masa que A Terra.... e  Saturno? Este é 95 veces máis masivo ca o noso Planeta. Sen embargo, a pesares desto, o Sol contén o 99,86% da masa de todo o sistema solar. É dicir, o noso Planeta non é unha formiga comparado cun mastodonte.
Na imaxe que segue podemos ver mellor os tamaños do sol e dos planetas comparados entre eles. 

E que dicir das Lúas? A nosa parece cativa comparada coas de Xúpiter, non si? Pero anque pequena fai moi ben o seu cometido. Na seguinte  imaxe compáranse os tamaños das lúas dos diferentes planetas con repecto ó tamaño do Planeta Terra. 
Recomendámosvos que visitedes esta páxina. É unha de tantas que resulta moi interesante. A información que dá é escasa, pero para completala lembrádevos de usar os libros de consulta da biblioteca. Esta páxina tamén ten xogos, como facer....?. Mirádea

Excursión Siradella

Onte foron os alumnos e alumnas de 5º e hoxe tocoulle ó alumnado de 6º saír cos seus titores ata a Lagoa Bodeira, na Siradella, para ver os paxaros. Estiveron acompañados por monitores/as que os dirixiron na actividade. O comportamento foi excelente e viñeron encantados/as do que tal viron. Menos mal que foron abrigadiños porque os de 5º, a poco máis, pasan a formar parte da paisaxe en forma de estatuas de xeo.
Non lles importou tirarse ó chan,Ainda se lembran dos nomes de moitas das aves que viron a través dos catalexos!

Algunhas fotos para lembrar a saída quédanvos de seguido.