O pasado día 19 de marzo os alumnos/as do terceiro ciclo
fumos de excursión a Pontevedra, a ver a obra de teatro ODAIKO – Vaia Circo
(música de percusión). Andes diso, os de 6º fumos ao museo, e os de 5º fixemos
un roteiro polas plazas máis importantes da cidade de Pontevedra.
28.3.14
27.3.14
Saída a Pontevedra do 1º ciclo
O pasado martes os alumnos do 1º ciclo realizaron unha saída didáctica a Pontevedra. A primeira parte desta saída consistiu nunha visita ao novo edificio do Museo, onde vistaron varias salas acompañados dos guías, que fixeron un gran traballo e aos que queremos felictar e dar as grazas dende aquí.
Despois de facer un breve descanso na Alameda para repoñer forzas acudiron a unha obra de teatro titulada "Bon appétit". Resultou ser unha comedia protagonizada por tres simpáticos cociñeiros franceses aos que lles sucede de todo facendo un curso sobre comida galega.
A continuación, poñemos unhas cantas imaxes da xornada:

6.3.14
Fotos do Entroido 2014
Cuns días de retraso, pero xa temos aquí as fotos do recén rematado Entroido.
1.3.14
Vídeos do Entroido
A continuación podedes ver os dous vídeos da celebración do Entroido 2014, un corresponde ao desfile de entrada e o outro á actuación conxunta cantando "O caneco de Entroido".
Ensaios para o Entroido
Para que unha actuación teña éxito é necesario facer un traballo previo. Durante a toda a semana os nenos e nenas do colexio ensaiaron unha e outra vez baixo a batuta de directora de orquestra habitual, a profe Mónica. Aquí vos deixamos o derradeiro ensaio cos alumnos de Primaria e Infantil.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)