23.11.10
"SPINDERELLA" teatro en inglés (2º Ciclo Primaria)
O luns 22 os nenos do 2º ciclo fomos a Pontevedra a ver a obra de teatro en inglés "Spinderella" no Auditorio de Caixanova. Foi moi divertida. Ó rematar aproveitamos para dar un paseo pola zona vella da cidade. Merendamos na Praza da Ferrería e alí dímoslle de comer ás palomas. Logo pasamos por varias prazas máis (a da Verdura, a da Leña, a da Pedreira, a das Galiñas, a do Teucro..) ata chegar á Basílica de Sta. María. Desde alí fomos a Alameda onde nos esperaba o autobús. Tivemos sorte que non nos choveu.

19.11.10
Actividades lim
Unhas actividades para entreterse nesta fin de semana marabillosa de choiva e vento. Xa veremos canto sabedes da nosa localidade. Lembrade, as dúbidas podedes resolvelas no conto da rata Luisa ou percorrendo o mesmo camiño que fixo ela coa familia. Esperamos que vos guste!!!!
Etiquetas:
A RATA LUISA,
Actividades lim
17.11.10
A rata Luisa visita Cambados
Ola a todos e todas, grandes e pequenos. Como moitos xa coñecedes, o profesor Mon escribiunos, ilustrounos e fotografiounos un conto precioso sobre a familia de ratos máis famosa de Galicia. Trouxo á rata Luisa coa familia a Cambados para axudarnos no estudo da localidade. Segurísimo que ainda nos vai dar algunha que outra sorpresa máis, pois xa sabedes que Mon é espléndido. Para que todos o teñades, o autor do conto "A RATA LUISA VISITA CAMBADOS" permitiunos poñer aquí todo o libro para que o imprimades se queredes. Dentro de pouco contaremos con exemplares na biblioteca. Disfrutade del.
Rata Luisa en Cambados
Rata Luisa en Cambados
Etiquetas:
A RATA LUISA,
proxecto Cambados
15.11.10
CELEBRAMOS O MAGOSTO
O luns o tempo deixounos celebrar o noso magosto. Visitounos o "mestre asador" Juan que, para non perder as mañas, alí estuvo a remexer nas castañas ata que acadaron o punto xusto de asado. Gracias profe por seguir lembrándote de nós.
Houbo xogos, música e moitas castañas pero o máis novidoso foi que este ano contamos coa actuación en vivo e en directo de "OS XEITOSIÑOS" (e algúns artistas máis acompañantes) que a modo de pasarrúas ambientaron a festa coa súa música tradicional galega. Con todos estes ingredientes a celebración tiña que ser un éxito.
10.11.10
EXPOSICIÓN MANUALIDADES DE OUTONO
Coma sempre en San Tomé que se pide colaboración ás familias para elaborar algún traballo, a participación foi enorme e de moitísima calidade. Hai verdadeiras marabillas. Valoramos tamén moito os traballos que sin quedar tan lucidos vese que foron feitos polos rapaces practicamente sos.
Moitas gracias a todos.
Moitas gracias a todos.
Etiquetas:
exposicións,
manualidades,
outono
4.11.10
TRABALLAMOS O MAGOSTO

Unidade didáctica de Félix Pimentel e Dolores Iglesias feita en Jclic.
RECURSOS RECOLLIDOS POLA BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR
Adiviñas da castaña
Ditos e refráns
Máis refráns
A castaña que rebentou de risa (Conto)
A castaña que rebentou de risa (Conto e actividades para imprimir)
Etiquetas:
Actividades,
Magosto
Suscribirse a:
Entradas (Atom)