O día 20 de Xaneiro os nenos e nenas de 4ºA e 4ºB fixemos unha visita ao Monte da Pastora para estudiar un ecosistema terrestre, aproveitando que estamos tratando o tema en coñecemento do medio, observando os distintos tipos de árbores e arbustos e os animais que frecuentan este medio natural, aínda que só pudemos ver algunha pega, e algún merliño.
O alumnado levaba unha ficha para cubrir o que ían observando, e tamén fixeron un debuxo do monte.
Pasárono xenial e tivemos un día espléndido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario