Mostrando entradas con la etiqueta despedidas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta despedidas. Mostrar todas las entradas

24.6.13

FELICES VACACIÓNS DE VERÁN !!!


VÉMONOS EN SETEMBRO !!!

DESPEDIMOS Á PROFE Mª CARMEN AGUÍN

Este curso temos que despedir a outra profesora que se nos xubila. Leva 39 anos de profesión e ainda que percorreu algún que outro colexio de noviña, a maior parte da súa vida como mestra estivo en San Tomé.

Sacou adiante como titora a moitas promocións. Ela contribuiu a formar persoas  e profesionais que hoxe son mariñeiros, médicas, excelentes ebanistas… pero o importante é que fixo de moitos dos seus alumnos persoas honradas, traballadoras e críticas. Con Mari Carmen váisenos tamén unha defensora da lingua, da escola para todos, da xustiza, da igualdade de oportunidades… Pero dicirlle dende aquí, que no cole quedamos ainda moita xente (profes, pais, nais e alumnos/as) que temos as mesmas  arelas que ela, que coincidimos en moitas cousas e por elas –e polo noso alumnado- seguiremos traballando como o fixo Mari Carmen Aguín.

Unha aperta de todos e todas. Que saiba que San Tomé sempre a recibirá con alegría cando queira visitarnos.


20.6.13

DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 6º


Xa remata o curso e coma tódolos anos despedimos a unha magnífica promoción de alumnos que viviron a súa homenaxe con moita emoción entre nervios, risas, bágoas, recordos ...
O acto comezou cunha proxección de fotos dende que chegaran ó cole, alá por Infantil; logo houbo a entrega de diplomas e fotos; a continuación dúas alumnas, Antía e Jimena, en representación dos seus compañeiros, leron un discurso precioso e cheo de emotividade; despois os protagonistas cantaron e tocaron "Somewhere over the rainbow"e os nenos e nenas de 5º adicáronlle "Adiós con el corazón".
 Todos cantamos "Amigos para sempre" e como remate final,  homenaxeados e público bailamos ó ritmo de "Limbo".
UN BICO MOI FORTE PARA TODOS ELES/ELAS
MOITA SORTE NA ESO E ATA SEMPRE

Se queredes ver fotos do acto de despedida premede aquí

28.10.12

XUBILACIÓN DO PROFE MON

Con moita alegría dixémoslle ata sempre ao profe Mon. Xubilámolo!
Con moita alegría porque el o quería, porque Mon leva case 40 anos traballando con nenos e para os nenos, e ben merecido (e gañado) ten o retiro. Tamén con moita alegría porque sabemos que seguirá axudándonos, dándonos ideas, armando historias, facéndonos rir, debuxando e inventando; seguirá visitándonos... Digamos, entre nós, que pasa á reserva.
Cando miremos pola ventá ou cando esteamos no recreo fixarémonos e seguro que o veremos coa cámara diante dos ollos retratando bichiños, flores, pedras, follas de cores...acompañado da súa cadela Xea.
Por iso, estamos contentos de celebrar os seus desexos cun gran abrazo e moitísima emoción.
Ata calquera día...pois sigue a facernos moitiña falta.

29.6.12

FELICES VACACIÓNS! VÉMONOS EN SETEMBRO!

AGORA SI QUE TEREMOS MOITO TEMPO PARA LER ...

22.6.12

DESPEDIMOS Ó PROFE TINO

O profe Tino deixa San Tomé por xubilación. Formou parte da vida deste cole durante motísimos anos e estivo sempre disposto a compartir, axudar, asesorar... nos bos momentos e tamén nos difíles e por iso ímolo botar de menos tanto os compañeiros coma os rapaces, cos que tiña unha conexión moi especial. Pero estamos seguros que a súa nova vida lle traerá tamén magníficos momentos e por iso alegrámonos por el e esperamos que isto non sexa unha despedida senón un ATA SEMPRE...



21.6.12

DESPEDIMOS ÓS ALUMNOS DE 6º

Hoxe, un ano máis, despedimos a unha nova promoción que remata a Primaria. Para homenaxealos baixamos todos ó ximnasio e comezamos cunha proxección de fotos dende que chegaran a San Tomé, alá por Infantil; para todos é moi emocionante velos tan pequeniños. A continuación fíxoselles entrega dos diplomas e fotos así como un agasallo por parte da ANPA. Logo os protagonistas fixeron a súa actuación tocando e cantando a canción de "Titanic". Os alumnos de 5º tocaron coa flauta "Adiós con el corazón " e por último todos lles cantamos "Amigos para sempre". Entre sorrisos e algunha bágoa cremos que disfrutaron da homenaxe; os que seguimos en San Tomé dende logo que si e esperamos que todo lles vaia moi ben, que sigan traballando moito e sobre todo que sexan boas persoas .
NON VOS ESQUEZADES DE NÓS PORQUE AQUÍ SEMPRE VOS LEMBRAREMOS...









27.6.11

VÉMONOS EN SETEMBRO!!!



Disfrutade do verán e non vos esquezades de levar sempre un libro, o noso mellor compañeiro. Bicos e felices vacacións!!!

22.6.11

DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 6º



O martes 21 tivemos no ximnasio a despedida dos alumnos que rematan a Primaria. Eles pasaron moitos nervios pero tamén o disfrutaron. O acto comenzou cunha proxección dos alumnos de 6º desde Infantil; logo houbo a entrega de diplomas e foto do grupo; a continuación fixeron un baile e por último os alumnos de 5º adicáronlle unha canción.
Esperamos que fora do agrado de todos e en especial dos homenaxeados, os rapaces que marchan de San Tomé e que confiamos empecen con bo pe a súa nova andaina no instituto.
MOI BOA SORTE A TODOS/AS!!!!




3.7.10

Despedida e Peche

Este último post vai adicado ó profesor Juan Maceira que nos deixa por xubilación. Compartimos con el máis de 20 anos de profesión. Sempre estivo nos momentos importantes, tanto nos divertidos coma nos difíciles. Ademáis de encargarse das titorías, foi secretario da escola, traía as pombas nos Días da Paz, facía teatros dentro e fóra de San Tomé, asaba as castañas nos magostos, ensinounos papiroflexia, bailaba, tocaba a pandeireta, cantaba nos festivais... Desexámoslle que sexa moi feliz nesta nova estapa da súa vida e pedímoslle que nos visite sempre que queira porque foi unha honra telo de compañeiro. Un abrazo de todos e cada un dos profes que ainda quedamos en San Tomé e de outros moitos que foi coñecendo ó longo da súa profesión.
Co seu permiso -máis ben sen el- deixámosvos algunhas fotos do profe Juan e con elas despedímonos ata setembro. Feliz verán a todos e todas.

         Un dos Magostos nos que o profe Juan tiznaba as caras dos nenos.
   Aquí arrancou con Inés, na Calzada, un día das Letras Galegas.
      Non lle tiña medo a nada! Na mostra de cetrería atreveuse cun "paxariño"
      Este foi o día que estrenamos o Karaoke nos xogos de fin de curso.
   E aquí, agasallándonos con bombóns o último día que estivo na escola.

Vémonos en setembro!!!

Despedidas do cole

Nestes últimos días de cole vivimos momentos emocionantes e difíciles. Despedimos a unha nova promoción, aqueles alumnos que comezaron os estudos con nós alá polo ano 2001. Sempre é duro dicir adeus anque para os mestres e mestras encargados da súa formación durante estes primeiros e decisivos momentos ven sendo un orgullo. Tivéchedes 8 titores e titoras: Manoli e Camino en Infantil; Pilar e Tina en 1º ciclo; Mª Carmen eAdela e 2º ciclo e, por fin, Teresa e Tino no 3º ciclo, máis os/as especilistas Elena, Guadalupe e Eva, Carlos e Mónica. Nós non vos esqueceremos pero sabemos que dentro duns anos vós acordarédesvos un pouquiño destes primeiros mestres e mestras.
Que todo vos vaia como queirades. Esforzádevos nos estudos e tende moito sentidiño. Un bico para cada un/unha de vós. O profesorado de San Tomé.

23.6.09

ATA O VINDEIRO CURSO


Rematou o curso. Esperamos que as actividades realizadas foran do agrado de todos e que o vindeiro ano podamos superarnos. Disfrutade do verán e non esquezades que un libro é sempre o mellor compañeiro.

VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!

22.6.09

DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 6º


O mércores 17 de xuño tivo lugar no colexio a despedida dos alumnos que rematan a Primaria. Foi coma sempre un acto moi emotivo á vez que esperado con bastantes nervios por parte dos rapaces de 6º.
Comenzou cunha proxección de fotos dos protagonistas en distintas actividades do colexio: magosto, antroido...e o mellor é que había fotos desde Infantil- sorpréndelles moito verse desde pequeniños ata agora-. A continuación todo o cole lle adicou a canción "Amigos para sempre". Despois fíxose entrega a cada alumno de varios agasaios como o diploma ou a foto do grupo. Logo os homenaxeados subiron ó escenario para ofrecernos unha actuación que como todas as preparadas coa profe de música resultou preciosa: musicaron e recitaron un poema de Cabanillas " Foi nun vello xardín" e cantaron e tocaron a canción " O verdegaio". Por último os alumnos de 5º lle adicaron coas flautas "Adiós con el corazón".