Mostrando entradas con la etiqueta proxecto Interculturalidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto Interculturalidade. Mostrar todas las entradas

20.4.13

CHARLAS SOBRE DISTINTAS CULTURAS



Estas semanas están a ser moi especiais no cole porque estamos recibindo un montón de charlas sobre culturas diferentes á nosa, protagonizadas nada menos que por familiares, en especial nais, de alumnos  de San Tomé doutros países. Todos estamos encantados e dende aquí queremos agradecerlles o seu tempo, adicación e esforzo. Proba do éxito é que hai mención a esta actividade na meirande parte dos blogs do centro:

http://endlsantome.blogspot.com.es/
http://infantilsantome.blogspot.com.es/
http://bibliosantome.blogspot.com.es/
https://sites.google.com/site/sextobsantome/home/charlas-da-interculturalidade

21.3.13

EXPOSICIÓN INTERCULTURAL

Organizada polo Equipo de Biblioteca temos estes días nos corredores do cole unha interesante exposición de diversos obxectos, instrumentos, prendas de roupa... e demais utensilios de distintas culturas. A meirande parte foi cedida polas familias polo que, coma sempre, agradecemos a súa colaboración.

 





9.2.13

ENTROIDO EN SAN TOMÉ

Seguindo o Proxecto de Interculturalidade capitaneado polo Equipo de Biblioteca cada nivel escolleu unha cultura distinta para o seu disfraz ...
Isto é unha pequena mostra, pero podedes ver máis fotos aquí.
Entroido 2013
Coma sempre moitas gracias ás familias pola súa colaboración cos postres de Entroido.

16.1.13

MURAL DA INTERCULTURALIDADE (2º CICLO)

Co lema "O MUNDO É MÁIS INTERESANTE SE O FORMA XENTE DIFERENTE" os nenos e nenas de 3º e 4º (2º Ciclo de Primaria) fixeron este precioso mural. Que artistas¡¡¡

17.12.12

BELÉN INTERCULTURAL

Coa información recollida polo Equipo de Biblioteca, que nos amosou no Lectoriño, aprendemos un montón de cousas sobre o Machu Pichu  e así quedou a nosa particular visión deste exemplo de arquitectura inca no Perú considerado coma unha das sete marabillas do mundo. Iso sí, o noso Machu Pichu é do máis intercultural...