Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas

24.4.13

23 de ABRIL, DÍA DO LIBRO

O Equipo de Biblioteca non para e preparou estes paneis con motivo da celebración do Día do Libro ...






Mirade en LECTORIÑO que ben organizado tiñan todo ...

3.4.13

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Escolleuse esta data, 2 de abril,  para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen, autor de marabillosos contos para nenos. Con este libro LIM creado por Julia González G.   podemos coñecer moitas cousas sobre o autor, probade...








23.4.12

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Con todo o material elaborado durante o curso sobre Rodari: contos, poesías, rimas, xeroglíficos, por ques, chistes, adiviñas, ata contos musicados... a profe Elvira gravou un vídeo no que cada grupo de rapaces amosaba o seu traballo.
O día 23 os nenos foron baixando ó hall de entrada para ver o vídeo no que eles eran os protagonistas; así puideron ver os seus traballos e máis os de tódolos compañeiros. Resultou unha actividade moi bonita.



1.5.11

SEMANA DOS LIBROS

Do 25 ó 29 de abril adicamos unha "semana dos libros"a dous escritores de Cambados: Ramón Caride e Mon Daporta. A este último moi en especial por ser un artista moi polifacético (escritor, debuxante, fotógrafo...) e sobre todo profe e compañeiro en San Tomé. Sabendo que este curso iamos traballar "Cambados" Mon fixo dous novos contos da rata Luisa ("A rata Luisa en Cambados" e "A rata Luisa no cole de San Tomé) que como era de esperar, foron un éxito tanto entre os rapaces coma entre os profes . Así pois con todo o material que tiñamos no cole sobre os dous autores o Equipo de Normalización montou unha exposición e a profe Elvira preparou unha montaxe audiovisual estupenda. Todo resultou moi ben e ainda que a Mon non lle gusta nada iso de figurar, para todos nós é un orgullo poder ter un artista en San Tomé. Gracias por todo Mon.







23.4.10

Día do libro

No colexio non quixemos que este día -tan importante para todos os lectores e as lectoras de San Tomé- pasara sen pena nin gloria, así que ademáis de ler na escola no escaso tempo cotiá que nos permite o Plan Lector, imaxinamos un novo planeta formado polos títulos dos libros que máis nos gustaron ó longo do ano presente e dos pasados, sen esquecernos das novidades editoriais que acaban de saír do maxín dos escritores/as de todo o planeta Terra. Ós máis lectores/as, a nosa noraboa, e para aqueles/as que remataron o seu primeiro libro ou que ainda están nas primeiras follas, todos os parabén e ánimos do equipo de extraescolares. Xa veredes como cada noite adurmiñades cun libro entre as sabas.