Promovida pola ANPA tivemos hoxe no cole a visita dos encargados de "A Hortiña da Ponte", un exemplo de agricultura ecolóxica, ubicada en Forcarei. Os nenos maiores recibiron unha charla na que puideron coñecer a creación e funcionamento desta horta, tipos de cultivos que producen e tamén as diferencias cunha horta convencional; os máis pequenos disfrutaron dun contacontos.
Mostrando entradas con la etiqueta charlas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta charlas. Mostrar todas las entradas
20.4.13
CHARLAS SOBRE DISTINTAS CULTURAS
Estas semanas están a ser moi especiais no cole porque estamos recibindo un montón de charlas sobre culturas diferentes á nosa, protagonizadas nada menos que por familiares, en especial nais, de alumnos de San Tomé doutros países. Todos estamos encantados e dende aquí queremos agradecerlles o seu tempo, adicación e esforzo. Proba do éxito é que hai mención a esta actividade na meirande parte dos blogs do centro:
http://endlsantome.blogspot.com.es/
http://infantilsantome.blogspot.com.es/
http://bibliosantome.blogspot.com.es/
https://sites.google.com/site/sextobsantome/home/charlas-da-interculturalidade
Etiquetas:
charlas,
proxecto Interculturalidade
12.6.11
AN ALFAYA EN SAN TOMÉ
O venres 10 de Xuño os alumnos de 2º ciclo recibimos a visita da escritora An Alfaya, de quen lemos varios libros. Ela contounos un conto, que moito nos gustou, titulado " O náufrago e a buguina", e tamén nos revelou como comezou a escribir a novela "Sireno, sireno". Fixémoslle moitas preguntas e pasámolo moi ben na súa compaña. Foi fantástico!
6.2.11
"O TRABALLO DOS DE ANTES CONSEGUIU A PAZ DOS DE AGORA"
Durante estas semanas viñeron varios avós a falarnos dos seus traballos: unha redeira, unha mariscadora e un mariñeiro.
Para 5º veu o señor Andrés Rey Cores.
Hoxe estivo connosco o avó de Sara para explicarnos un pouco a súa profesión de mariñeiro.
En principio fomos á clase de 5º B e nos sentamos para escoitar as contestacións das preguntas que lle estabamos facendo. El tiña moitas historias que a todos nos encantaron. Por fin chegou a hora, tocábame a min facerlle unha pregunta, non sabía cal preguntarlle porque tiña tantas... acabei por decidir, a pregunta foi:
Vostede cre que desaparecerán os mariñeiros? Contestoume cunha simple resposta: Non! Se desaparecesen os mariñeiros nadie podería vivir porque sen peixe morreriamos porque e necesario e fai falla para a nosa alimentación.
Contounos moitas cousas de cando estivo en barcos mercantes e díxonos os nomes dalgúns: Santos, Mar e Calma... seguimos preguntándolle e el seguíu contestándonos con moito gusto, foi moi amable connosco e de repente acabarase a charla , nos estabamos desilusionados porque queriamos seguir preguntándolle máis cousas pero démoslle as gracias por vir e darnos esa fabulosa charla.
LAURA GONZÁLEZ, 5º A

proxecto Cambados
Suscribirse a:
Entradas (Atom)