Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

31.1.21

DIA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2021

O pasado venres 29 celebramos no noso cole o Día da Non Violencia e da Paz. 

Para elo, dende o equipo de actividades complementarias e extraescolares propuxemos decorar entre todas as aulas a entrada cun mural onde se recollera unha das frases da canción Festa, de Uxía Lambona, a cal bailamos no ximnasio por niveis para conmemorar este día. Así de bonito nos quedou:


Así mesmo, tamén elaboramos entre as aulas do nivel atrapasoños da paz para decorar os nosos pasillos:




Pasámolo moi ben bailando e botando as pombas neste día chuvioso!

31.1.13

Conmemoración do Día da Paz

Durante o día de hoxe celebramos o Día da Paz.  Nun bonito acto plurilingüe (cantouse en castelán, galego e inglés) que tivo lugar nas pistas do patio do colexio tivemos a oportunidade de ver actuacións con paos chineses e cantando "Sólo con tres letras" aos que se engadiron as frautas para tocar e cantar "What a wonderful world", para despois bailar e cantar ao son de Luar na Lubre "No mundo" e  disfrutar das tradicionais soltas de pombas e do globo; como colofón, un multitudinario "Gangnam Style". Se queres vivir de novo estes momentos bótalle unha ollada ao vídeo.

A Paz para os "maiores"

Se na entrada anterior vimos o que opinaban os peques do cole sobre a paz, agora é o turno dos alumnos/as do 2º e 3º ciclo.

Que é a paz para os pequenos do cole?

Para conmemorar o Día da Paz os nenos de Infantil e do 1ºciclo viron este vídeo no que eles mesmos eran protagonistas explicando o que é a paz para eles.

13.1.13

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA A PAZ

Agradecementos á mestra Mª Asunción García Álvarez por compartir o seu traballo.
ACTIVIDADES LIM sobre a PAZ. Recursos BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR

31.1.12

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O luns 30 de Xaneiro saímos todos ó patio para conmemorar o Día da Paz.
Cantamos a canción "Que vivan tódalas razas" e fixemos,como xa é tradicional en San Tomé, a solta de pombas e do globo.


28.1.12

PROXECCIÓN: "A PAZ ESTÁ NAS NOSAS MANS"

A profe Elvira, coma sempre, fixo esta preciosa presentación da que disfrutamos o 2º e 3º ciclos no ximnasio.

28.1.11

CELEBRAMOS A PAZ EN SAN TOMÉ

Este ano adicámoslle o Día da Paz a tódolos avós e avoas de Cambados que co seu traballo conseguiron que agora a nosa vida sexa mellor. No mural da entrada cada rapaz pegou orgulloso o debuxo do seu avó ou avoa co nome e a profesión. Gracias ás familias pola súa participación.


Ademais fixéronse outros traballos nos distintos ciclos e dende o Departamento de Inglés.




A profe Elvira preparou unha preciosa proxección sobre a vida dos avós e avoas que poideron ver os alumnos, por ciclos, no ximnasio.


A última hora da mañán saímos todos ó patio e alí cantamos e bailamos "Jambo Bwana", canción traballada na aula de música, logo fixemos a tradicional solta de pombas e por último e, gracias ó bo tempo, conseguimos que voase o globo de San Tomé.



Agradecémoslle moito ó profe Juan a súa continua colaboración.
Feliz Día da Paz a todos e todas hoxe e sempre!!!!

30.1.10

SEMANA DA PAZ

Durante a semana do 25 ó 29 metémonos nos pensamentos e na vida dos homes e mulleres que loitaron por un mundo máis xusto e igual para todos, sen esquecernos das maneiras que hoxe temos para sermos solidarios: as ONGs.
O alumnado buscou datos biográficos e frases pronunciadas por aquelas grandes persoas e traballaron con eles estes 5 días. Desa reflexión saiu a eleboración do mural colectivo colocado na entrada da escola: globos, submarinos e faros lavaban escritos unha frase persoal ou tomada da biografía dos personaxes estudados.
Pero ademáis, nalgúns ciclos e dende o departamento de inglés, quixeron seguir traballando, escribindo e ilustrando outros murais coma estes:




O equipo de actividades extraescolares escribiu algúns destes pensamentos e fixo unha pequena exposición. Tamén, fixemos un pequeno globo terraqueo que servirá para introducir o tema de investigación "o estudo do espacio" pero que polo de agora serviu moi ben para acompañar as explicacións do profesorado sobre os países con máis conflictos e desigualdades...



O 29 celebramos a festa da Paz. Un día especial para todo o colexio. As dúas primeiras horas adicámoslas a proxectar unha montaxe -para os 400 alumnos/as da escola- na que se miraban os personaxes e ONGs estudados, o que dixeron, o mundo do que disfrutamos no que a xente só quere vivir en paz a cotío. A segunda parte da proxección facíanos reflexionar pois, a pesares de todo, segue habendo desigualdades, violencia, intolerancia, falta de oportunidades... 



Para rematar o día, tíñanse programado dous bailes coas cancións de Macaco, a solta de pombas e o lanzamento do globo. Foi posible en parte pois a chuvia veunos a estragar, un ano máis, que o globo de San Tomé percorrera o ceo do Salnés. 






E recordade: a festa da Paz é o 30 de xaneiro, pero os comportamentos responsables coa Paz son ó longo de todo o ano. FELIZ DÍA!

1.2.09

DÍA DA PAZ


O venres 30 de Xaneiro conmemorouse o DÍA DA PAZ. Este ano no cole adicámoslle a celebración ó tema "DEREITOS E DEBERES". Como ademais estamos traballando a Idade Media intentamos darlle ós traballos unha estética medieval. Durante toda a semán fixéronse moitas actividades nas aulas e incluso contamos coa colaboración das familias para que trouxeran da casa un pergamino pequeniño no que escribiron un dereito e un deber dos nenos que logo nos serviría para facer un gran mural. O xoves 29 todos os rapaces baixaron ó ximnasio a ver unha proxección sobre DEREITOS E DEBERES NO MUNDO. Ó remate desta os nenos de 5º e 6º cantaron "Imagine" de John Lennon para todos os seus compañeiros. Xa o venres 30, debido as inclemencias do tempo, as actividades programadas para realizar fóra tiveron que adaptarse e facerse no interior do cole: dentro do ximnasio todos os cursos cantaron "No dudaría" de Rosario Flores así como "Epo" cantiga típica hawaiana. Logo a tradicional solta de pombas fíxose dende o patio cuberto. Todo resultou moi ben e esperamos que a menxase que lles chegase ós rapaces ó final fose: DÍA DA PAZ - 30 DE XANEIRO...E SEMPRE!