Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

31.10.10

FESTA DE SAMAÍN - HALLOWEEN


O venres 29 celebramos en San Tomé a nosa particular festa de Samaín - Halloween.
Agradecemos moitísimo tanto ós rapaces coma as familias a gran participación que houbo na exposición de cabazas, que cada ano son máis orixinais e traballadas.







O cole encheuse de bruxas, pantasmas, vampiros e monstros en xeral...
Ademais das distintas actividades que se realizaron en cada aula, desde a área de Inglés organizáronse xogos, cancións, bailes así como a decoración dos pasillos cos traballos dos nenos. Desde Música preparáronse dúas actuacións cos rapaces de 5º e 6º que andiveron interpretando por distintos rincóns do colexio e que ambientaron perfectamente o día.

14.5.10

Para rematar cos actos da Semana das Letras, a profesora de música xunto co alumnado de 5º e os irmáns Xesteira percorreron as aulas e corredores da escola cunha melodía propia deste tempo. Amosámosvos nestes videos a súa actuación e o disfrute dos rapaces e mestras...






Tamén, os nenos e nenas de primeiro de primaria coas súas titoras, achegaranse ó Paseo da Calzada de Cambados para o recitado de poemas de Novoneyra dentro dos actos organizados polo Concello no que participan moitos centros educativos de Cambados.

Onte tocoulle ó curso de 3º A facer a representación teatral na Casa da Cultura do Concello. Representaron A Serea, unha obra de Nisia Miranda.

1.6.09

XAQUÍN XESTEIRA EN SAN TOMÉ

O pasado venres 28 de maio, os nenos e nenas do colexio tiveron a sorte de asistir, no ximnasio do cole, a un concerto didáctico sobre os instrumentos populares galegos.
Foi Xaquín Xesteira xunto cos seus fillos Roi e Anxo, os que nos fixeron pasar uns bos momentos disfrutando da música tradicional.
Faláronnos da clasificación dos instrumentos, de como se tocan, das súas posibilidades sonoras e sobre todo escoitamos o ben que soan nas mans dos bos músicos. Trouxeron tarrañolas, charrasco, canaveira, pandeiro, pandeireta, tambor, bombo, culleres, cunchas, acordeóns, coñecemos os tipos e as partes da gaita e tamén a zanfona, instrumento de orixe medieval.
Aprendemos moitísimo e pasámolo moi ben!!!