O 28 de Setembro fomos os nenos/as de 4º acompañados das súas titoras (Lula e Eva) e a profesora Marisa a visitar o Muíño da Seca.
Saímos do colexio ás 10 da mañá, fomos a pé recorrendo todo o paseo marítimo e disfrutando da paisaxe acompañados dun espléndido día.
Unha vez alí, a monitora Carolina explicounos moi ben como funcionaba antigamente este muíño á vez que nos ensinou as pezas antigas que estaban expostas e para que se usaban.
Despois da visita ó Museo, fomos a Exposalnés. A guía explicounos de maneira interactiva a maqueta de toda a comarca do Salnés, preguntándolle ós alumnos/as as cousas máis importantes de cada lugar (museos, ruíñas, esculturas, escritores, miradores, etc.).
Para finalizar fixemos unha visita rápida polo edificio vendo unha exposición de tapices e dúas maquetas do Pazo de Fefiñáns.
Ese día pasámolo moi ben!!
O Muíño por fóra
O Muíño por dentro (4º B)
4ºB no paseo marítimo
4ºA no paseo marítimo
No hay comentarios:
Publicar un comentario