Esta é a decoración das ventás da biblioteca. O fondo mariño que Nemo percorreu polos cinco continentes. Vai entre todos os Infantiles e as profes Meri, Belén, Emma, Susana, Marité, Camino, Elena e Victor.
O proxecto dun ollo de boi do Nautilus e o que se ve dende el. Máis abaixo queda un dos ollos xa rematado.
Un fondo mariño. Cada un/a quere o seu submarino. faltaría máis!
Xa vos dicimos que están a empezar e vannos anegar. Senón, ó tempo...
Os de 6º do profe Tino elexiron a novela "O faro do fin do mundo" Agradécese que despois de ler a adaptación, 4 deles se meteran co título completo. Marabilloso!
Están facendo... faros! Cada un do seus pai e da súa nai, en grupos de 4. Ainda son proxectos pero xa conseguimos imaxes.
Este leva pinta de Torre de Hércules
Aquí, unha enxeñeira e tres capataces
Posiblemente leve bombilla e todo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario