Por fin regresamos ao salón José Peña para poder levar a cabo o noso tradicional Festival de Nadal, a continuación publicamos a lista de reprodución cos vídeos da xornad, esperemos que vos guste.
23.12.22
4.11.22
Samaín 2022
17.2.22
Recollida de alimentos
O Banco de Alimentos Rías Baixas informa que na recollida de alimentos do 27 e 28 de xaneiro a comunidade educativa do CEIP San Tomé recadou un total de 643,76 Kg.
Moitas grazas pola vosa implicación e xenerosidade nesta acción social que permite axudar ás persoas do noso contorno, contribuíndo ao desenvolvento de valores tan importantes para a vida como a empatía e a solidariedade.
Vídeos do Día da Paz
A continuación deixámosvos uns vídeos do acto do Día da Paz 2022, onde representamos os bailes que estivemos preparando no cole durante estas últimas semanas coa profe Mónica.
Día da Paz
Na mañá de hoxe celebramos na Praza de Fefiñáns un acto para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Realizamos a lectura dun manifesto e bailamos ao son da música. Pasámolo de marabilla.
Facede click na imaxe para acceder ao álbum de fotos.
Charla de primeiros auxilios
Hoxe as nenas e nenos de 5 anos recibiron unha visita moi especial. Alicia,unha enfermeira do hospital Montecelo, desprazouse ao CEIP San Tomé para impartir unha charla sobre os primeiros auxilios. O obxectivo era que os cativos e cativas aprenderan a detectar unha situación de emerxencia no ámbito familiar, escolar... e a actuar en consonancia seguindo uns pasos sinxelos.
Tamén puideron observar unha ambulancia grazas a Vanesa, que se ofreceu a conducila ata o noso cole.
Sen dúbida unha mañá moi entretida e interesante. Facede click aquí para acceder ó álbum de fotos:
22.12.21
Festival de Nadal
29.11.21
22.11.21
Vídeo presentación da Escola de Empoderamento feminino Dolores del Valle
21.11.21
Semana da Música
O luns 22 de novembro comezamos coa Semana da Música (aínda que vai durar máis dunha semana) e ven cargada de actuacións.
A continuación deixamos os carteis desta semana:
14.11.21
Cancións inclusivas
Con motivo do Samaín, as nenas e nenos do cole estiveron a ensaiar dúas cancións coa mestra Mónica e o resultado quedou moi chulo.
A edición dotounos de inclusión e diversidade, para que todo o mundo poida disfrutalos, vexamos o resultado!
