15.11.19

Magosto 2019

Ás veces hai que ter sorte, e nós, este ano, na celebración do Magosto, tivémola. Coa cantidade de días consecutivos de chuvia todo facía presaxiar que teriamos que empregar o pavillón, pero... Saiu o sol e puidemos disfrutar dun día de xogos populares e degustar unhas excelentes castañas.
Premendo na imaxe podedes acceder ao álbum de fotos deste día.


31.10.19

Samaín 2019





Como cada ano, ao chegar o Samaín xuntámonos no ximnasio para cantar e bailar cancións de Samaín, deixamos aquí o vídeo da actuación.



24.6.19

Festa Finde Curso

O día 21 rematamos o curso coa tradicional xornada de xogos. Para ver imaxes da mesma, preme no enlace

Fotos fin de curso

20.6.19

Despedida de sexto

Como sempre o penúltimo día está cheo de emocións, e este ano non foi unha excepción.
No seguinte enlace tedes a lista de reprodución dos vídeos da despedida de sexto. Disfrutádea.

https://www.youtube.com/watch?v=sHsl3sriOJk&list=PLiVtBW1mJqhubiLTIeXbq1Gzk5uMO3vGd


15.6.19

Excursión Ons 2019

Como todos estes últimos anos, os nenos de quinto de primaria realizaron unha excursión á illa de Ons, onde fixeron unha ruta para visitar o faro e posteriormente disfrutar do día xogando na praia. un grupo de oito nenos/as optaron por rodear a illa e poder ver así o Buraco do Inferno e o Mirador de Fedorentos. Podedes ver as imaxes do día premendo na foto.
https://photos.app.goo.gl/gRiiVrPajEAbWnQy7

2.3.19

ENTROIDO 2019

Como non podía ser doutro xeito, este ano volvimos celebrar o Entroido por todo o alto. Nesta ocasión o tempo foi un bo aliado e permitiu facer un animado pasarrúas e unha festa no patio do colexio no que ademais puidemos degustar doces típicos destas datas.
Premendo na imaxe poderedes acceder a máis de 400 fotos  de exelente calidade.


1.2.19

Día da Paz e a non Violencia

A continuación deixamos o vídeo cos actos que o alumnado do colexio levou a cabo para conmemorar o Día da Paz e a non Violencia.



CONSTRUCIÓN DO MURAL DA PAZ

Ao longo de toda esta semana todos os alumnos/as do colexio traballaron xuntos para construír un bonito mural conmemorativo do Día da Paz e a non violencia.

Cada un deles escribiu unha mensaxe que posteriormente pegou no mural común. Podedes ver o vídeo para comprobar o resultado.


21.1.19

Historia dunha sobreira

O festival de Nadal tiña que saldar unha pequena débeda co alumnado de 4º de primaria. Despois dun duro traballo e moito ensaio a obra de teatro que levaron a cabo non luciu todo o que eles merecían.
Por iso, o pasado venres fixeron dúas representacións da mesma para todo o alumnado do colexio. Nesta ocasión puideron ofrecer todo o que levan dentro sen as limitacións de son que tiveron no festival. O resultado podedes velo nos dous seguintes vídeos.




23.12.18

Festival de Nadal

A continuación deixamos os enlaces aos vídeos e ás imaxes do Festival de Nadal 2018. Boas festas

Lista de reprodución dos vídeos

Álbum de fotos

17.10.18

Saída ao Muíño da Seca

O luns 17 de setembro saimos todo o segundo ciclo hasta Tragove para visitar o Muíño de Mareas da Seca. Alí nos esperaba Noelia, que nos fixo de guía.

Fomos merendar ao parque de Corvillón e logo rematamos no parque de Torrado. Antes pasamos pola Plaza de Fefiñáns e sacamos fotos. PASÁMOLO MOI BEN!!!!

Preme na imaxe para aceder ao álbum

26.6.18

DESPEDIDA DE SEXTO

Como cada ano, o penúltimo día de curso celebramos o acto de despedida dos alumnos de sexto de primaria. Nos seguintes vídeos podedes ver as partes máis bonitas do acto.