O pasado día 19 de marzo os alumnos/as do terceiro ciclo
fumos de excursión a Pontevedra, a ver a obra de teatro ODAIKO – Vaia Circo
(música de percusión). Andes diso, os de 6º fumos ao museo, e os de 5º fixemos
un roteiro polas plazas máis importantes da cidade de Pontevedra.
28.3.14
27.3.14
Saída a Pontevedra do 1º ciclo
O pasado martes os alumnos do 1º ciclo realizaron unha saída didáctica a Pontevedra. A primeira parte desta saída consistiu nunha visita ao novo edificio do Museo, onde vistaron varias salas acompañados dos guías, que fixeron un gran traballo e aos que queremos felictar e dar as grazas dende aquí.
Despois de facer un breve descanso na Alameda para repoñer forzas acudiron a unha obra de teatro titulada "Bon appétit". Resultou ser unha comedia protagonizada por tres simpáticos cociñeiros franceses aos que lles sucede de todo facendo un curso sobre comida galega.
A continuación, poñemos unhas cantas imaxes da xornada:

6.3.14
Fotos do Entroido 2014
Cuns días de retraso, pero xa temos aquí as fotos do recén rematado Entroido.
(Premendo na proxección pódense ver as fotos de unha en unha)
(Premendo na proxección pódense ver as fotos de unha en unha)
1.3.14
Vídeos do Entroido
A continuación podedes ver os dous vídeos da celebración do Entroido 2014, un corresponde ao desfile de entrada e o outro á actuación conxunta cantando "O caneco de Entroido".
Ensaios para o Entroido
Para que unha actuación teña éxito é necesario facer un traballo previo. Durante a toda a semana os nenos e nenas do colexio ensaiaron unha e outra vez baixo a batuta de directora de orquestra habitual, a profe Mónica. Aquí vos deixamos o derradeiro ensaio cos alumnos de Primaria e Infantil.
30.1.14
Celebración do Día da Paz
A climatoloxía portouse ben e dese xeito o programa previsto para este Día da Paz non sufriu alteracións. A xornada comezou con todos os alumnos do colexio cantando e bailando a canción "Los niños queremos la paz". Despois procedeuse á solta de pombas, que resultou tan espectacular coma sempre; para continuar co despegue do globo que chegou ata o "infinito e máis alá".
Xa no ximnasio os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixeron dous pases da actuación que tiñan preparada e coa que cautivaron aos seus compañeiros de Ed. Infantil e o resto de Primaria.
A continuacións deixámosvos imaxes e vídeos dos diferentes momentos deste inesquecible día.
(Se premes enriba da tira de imaxes accederás ao álbum onde poderás descargar aquelas que vos interese)
(O primeiro vídeo contén a canción, as pombas e o globo, os outros dous vídeos son os pases para Infantil e Primaria da actuación de 5º e 6º)

29.1.14
O Eco de Mandela
Este ano o Día da Paz ten un protagonista moi especial, Nelson Mandela. Por iso sacamos unha edición especial do Eco de San Tomé dedicada a esta personaxe histórica e irrepetible. Nesta portada participaron activamente todos os alumnos e alumnas do colexio xa que a cada curso lle foi asignada unha nova relacionada co homenaxeado.
Podedes vela na entrada do corredor principal, xunto ás oficinas do centro.
Mañá teremos máis actos para conmemorar este día e publicaremos unha entrada con imaxes e vídeos das actividades realizadas.
2.1.14
Mariña Dolado, gañadora do concurso de tarxetas de Nadal
A alumna de 4º Mariña Dolado resultou gañadora do consurso de tarxetas de Nadal que promoveu a Asociación Cambados Zona Centro. Dende aquí queremos darlle os nosos parabéns e mostramos o dibuxo co cal acadou o premio.
22.12.13
Vídeos do Festival 2013
Infantil 3 anos: Chimpum
Infantil 4 anos: Vals da sorte
Infantil 5 anos: o piollo e a pulga
1º Primaria: Buscando a estrela
2ª: Jingle Bells
2ºB: Plink, plank, plunk
3º Primaria: Festa galego-hawaiana
4ºPrimaria: Marcha de Radetzky
5ºA: Señorita
5ºB: Wake me up
6ºA: Grease
6ºB: C´mon
Publicidade:
20.12.13
Armouse o Belén: a película
Xa podedes disfrutar da película completa; dende aquí queremos agradecer aos pais e nais a súa colaboración enviando aos nenos e nenas perfectamente caracterizados. Esperemos que vos guste.
Versión en sepia:
Versión en color:
14.12.13
Armouse o Belén
Durante toda a semana do 16 ao 20 de decembro poderemos ver no colexio a curtametraxe protagonizada polos alumnos "Armouse o Belén". Unha vez rematado o festival do día 20 xa se poderá ver na web do centro, neste blogue e na canle San Tomé TV en youtube.
Esta curtametraxe tamén veu precedida de tres anuncios que a promocionan:
Tamén fixemos un cartel / anuncio da mesma:
E para rematar, fixemos unha auténtica obra de arte en forma de panel. Está exposto na entrada do colexio, vale a pena pararse a velo.
Saída de 4º á Conserveira
Os nenos e nenas de 4º realizaron unha saída didáctica á conserveira. A continuación podedes ver unha redacción sobre a mesma e imaxes de cada un dos grupos que realizaron a saída.
4ºA
4ºA
4ºB
Suscribirse a:
Entradas (Atom)