18.2.15
16.2.15
Fotos do Entroido 2015
A celebración do Entroido 2015 tivo moito que ver coa temática do curso, "A luz e os faros", de xeito que os disfraces víronse condicionados por iso. A climatoloxía puxo algún que outro problema, pero non foi quen de poder coas nosas ganas de festa, así que cuns improvisados "paraugas" puidemos saír adiante.
A continuación deixámosvos imaxes da festa.
A continuación deixámosvos imaxes da festa.
1.2.15
As campás que soan sen son
Quen dixo que non se poden dicir cousas sen falar? Non é que se nos estropease o son, nin editamos o volume no vídeo, sucedeu así, tal cual. Soamente o son do teléfono e algún sorriso pertubaron o silencio.
Despois de cantar (acompañando a canción con linguaxe de signos) "As campás da paz" de Migallas, todos os alumnos e alumnas do Ceip San Tomé repetiron actuación, pero esta vez sen música e sen voz.
O resultado é mellor que o miredes:
Despois de cantar (acompañando a canción con linguaxe de signos) "As campás da paz" de Migallas, todos os alumnos e alumnas do Ceip San Tomé repetiron actuación, pero esta vez sen música e sen voz.
O resultado é mellor que o miredes:
Día da Paz 2015
Aquí tedes a actuación conxunta que fixeron todos os alumnos do centro para conmemorar Día Internacional da Paz e a non Violencia. As campás da paz soaron estupendamente. Da coreografía falaremos na seguinte entrada.
30.1.15
Día da Paz 2015
O 30 de xaneiro conmemórase o Día Internacional da Paz e a non violencia, como non podía ser doutro xeito, o cole vestiuse acorde con esta data e por cada rincón podíanse ver traballos dos alumnos decorando as paredes e as portas. Aquí vos deixamos unha mostra:
20.12.14
Fotos do Festival de Nadal 2014
Xa temos as fotos do Festival de Nadal deste curso; aquí poñémosvos unha tira de diapositivas, facendo click nela poderás acceder ao álbum.
18.12.14
Belén 2014 (e faros)
O equipo de Actividades Extraescolares agradécelles aos titores e alumnos de todo o cole a súa colaboración na realización do Belén deste ano.
Moitas grazas.
Para ver máis imaxes, preme na fotografía:
Moitas grazas.
Para ver máis imaxes, preme na fotografía:
17.12.14
Saída do terceiro ciclo (11-12-14)
O día 11 de decembro os alumnos de 3º Ciclo foron de excursión a Pontevedra para visitar o Museo e o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arzobispais).
A visita foi interesante para eles e o pasaron moi ben.
Para ver imaxes, preme aquí.
26.11.14
Saída do 2º ciclo (19-11-14)
O día 19 de novembro os alumnos de 2º Ciclo de Primaria foron a Pontevedra para visitar o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arzobispais) e ata saíron no xornal.
Despois viron un Contacontos titulado: "Antía, Wamba e o regato pequeno" organizado por Afundación. Ao final gozaron todos un montón xogando nun parque.
A continuación mostrámosvos algunha imaxe da saída (preme na foto para ir ao álbum)
7.11.14
Magosto 2014
Como cada ano celebramos a festa do Magosto. A climatoloxía acompañou e puidemos disfrutar dunha xornada ao aire libre facendo diversos xogos e como non, comendo castañas.
Premendo na imaxe podedes acceder ao álbum
1.11.14
Halloween 2014
Como cada ano os alumnos e alumnas do 3º ciclo fixeron unha actuación para o resto dos seus compañeiros de Primaria coa intención de darlle vida ao cole celebrando o Halloween.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)