Xa temos as fotos do Festival de Nadal deste curso; aquí poñémosvos unha tira de diapositivas, facendo click nela poderás acceder ao álbum.
20.12.14
18.12.14
Belén 2014 (e faros)
O equipo de Actividades Extraescolares agradécelles aos titores e alumnos de todo o cole a súa colaboración na realización do Belén deste ano.
Moitas grazas.
Para ver máis imaxes, preme na fotografía:
Moitas grazas.
Para ver máis imaxes, preme na fotografía:
17.12.14
Saída do terceiro ciclo (11-12-14)
O día 11 de decembro os alumnos de 3º Ciclo foron de excursión a Pontevedra para visitar o Museo e o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arzobispais).
A visita foi interesante para eles e o pasaron moi ben.
Para ver imaxes, preme aquí.
26.11.14
Saída do 2º ciclo (19-11-14)
O día 19 de novembro os alumnos de 2º Ciclo de Primaria foron a Pontevedra para visitar o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arzobispais) e ata saíron no xornal.
Despois viron un Contacontos titulado: "Antía, Wamba e o regato pequeno" organizado por Afundación. Ao final gozaron todos un montón xogando nun parque.
A continuación mostrámosvos algunha imaxe da saída (preme na foto para ir ao álbum)
7.11.14
Magosto 2014
Como cada ano celebramos a festa do Magosto. A climatoloxía acompañou e puidemos disfrutar dunha xornada ao aire libre facendo diversos xogos e como non, comendo castañas.
Premendo na imaxe podedes acceder ao álbum
1.11.14
Halloween 2014
Como cada ano os alumnos e alumnas do 3º ciclo fixeron unha actuación para o resto dos seus compañeiros de Primaria coa intención de darlle vida ao cole celebrando o Halloween.
30.10.14
Saída do 1º Ciclo á Armenteira
O día 24 de outubro os alumnos de 1º ciclo de Primaria saíron a
facer "A Ruta da Auga e a Pedra". Pasárono xenial, andiveron moito e
gozaron da natureza.
Para ver imaxes da xornada preme na imaxe:
21.10.14
Saía de 3º á Fundación Manolo Paz
O pasado mércores 1 de outubro de 2014 os alumnos de 3º de
Primaria fixeron unha saída a pé a Castrelo para visitar a Fundación Manolo
Paz.
Pasárono xenial e viron unha exposición de arte moi
interesante.
20.6.14
Fotos do acto de despedida de sexto
Pinchando no seguinte enlace podedes acceder a 150 fotos do acto que fixemos onte para despedir aos nenos e nenas de sexto que deixan o cole.
https://plus.google.com/photos/115736039283683814309/albums/6026904016057546017
https://plus.google.com/photos/115736039283683814309/albums/6026904016057546017
19.6.14
Despedida de sexto
Durante a mañá de hoxe levamos a cabo o emotivo acto da despedida dos alumnos/as de sexto de Primaria. Podedes ver nos vídeos diferentes momentos da despedida.
9.6.14
Excursión a Manzaneda
A semana pasada os nenos e nenas de 6º de Primaria fixeron a xa tradicional excursión a Manzaneda. Durante tres días disfrutaron de diferentes actividades na natureza. Aquí vos mostramos as imaxes:
13.5.14
Aprendendo oficios do mar
Esta mañá os nenos e nenas de 4º de primaria fixeron unha saída didáctica moi interesante. Non tiveron que separarse moito do cole para visitar un parque de marisqueo, a lonxa, unha fábrica de xeo e un obradoiro de redeiras.
Deste xeito viviron moi de preto actividades relacionadas co mar, un dos motores económicos do noso entorno.
A continuación deixámosvos unha tira de imaxes da xornada.
Deste xeito viviron moi de preto actividades relacionadas co mar, un dos motores económicos do noso entorno.
A continuación deixámosvos unha tira de imaxes da xornada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)