Con todo o material elaborado durante o curso sobre Rodari: contos, poesías, rimas, xeroglíficos, por ques, chistes, adiviñas, ata contos musicados... a profe Elvira gravou un vídeo no que cada grupo de rapaces amosaba o seu traballo.
O día 23 os nenos foron baixando ó hall de entrada para ver o vídeo no que eles eran os protagonistas; así puideron ver os seus traballos e máis os de tódolos compañeiros. Resultou unha actividade moi bonita.


Que idea máis fabulosa, as de seren eles os protagonistas do día do libro!!!! Feliz día do libro! Unha aperta.
ResponderEliminar