26.11.14

Saída do 2º ciclo (19-11-14)

O día 19 de novembro os alumnos de 2º Ciclo de Primaria foron a Pontevedra para visitar o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arzobispais) e ata saíron no xornal. 
Despois viron un Contacontos titulado: "Antía, Wamba e o regato pequeno" organizado por Afundación. Ao final gozaron todos un montón xogando nun parque.

A continuación mostrámosvos algunha imaxe da saída (preme na foto para ir ao álbum)


7.11.14

Magosto 2014

Como cada ano celebramos a festa do Magosto. A climatoloxía acompañou e puidemos disfrutar dunha xornada ao aire libre facendo diversos xogos e como non, comendo castañas.

Premendo na imaxe podedes acceder ao álbum


1.11.14

Halloween 2014

Como cada ano os alumnos e alumnas do 3º ciclo fixeron unha actuación para o resto dos seus compañeiros de Primaria coa intención de darlle vida ao cole celebrando o Halloween.