Hoxe, un ano máis, despedimos a unha nova promoción que remata a Primaria. Para homenaxealos baixamos todos ó ximnasio e comezamos cunha proxección de fotos dende que chegaran a San Tomé, alá por Infantil; para todos é moi emocionante velos tan pequeniños. A continuación fíxoselles entrega dos diplomas e fotos así como un agasallo por parte da ANPA. Logo os protagonistas fixeron a súa actuación tocando e cantando a canción de "Titanic". Os alumnos de 5º tocaron coa flauta "Adiós con el corazón " e por último todos lles cantamos "Amigos para sempre". Entre sorrisos e algunha bágoa cremos que disfrutaron da homenaxe; os que seguimos en San Tomé dende logo que si e esperamos que todo lles vaia moi ben, que sigan traballando moito e sobre todo que sexan boas persoas .
NON VOS ESQUEZADES DE NÓS PORQUE AQUÍ SEMPRE VOS LEMBRAREMOS...
NON VOS ESQUEZADES DE NÓS PORQUE AQUÍ SEMPRE VOS LEMBRAREMOS...
Seguro que se emocionaron un montón coa despedida. Que pena da,deixalos marchar!
ResponderEliminarDeséxovos un bo verán e que disfrutedes dunhas merecidas vacacións. Unha aperta e ata setembro.